Kent Bazemore

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kent Bazemore
Axente libre
Posición Escolta
Información persoal
Nacemento 1 de xuño de 1989 (34 anos)
Kelford, Carolina do Norte
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso oficial 91 kg (201 lb)
Información da carreira
Instituto Bertie (Windsor, North Carolina)
Universidade Old Dominion (2008–2012)
Carreira dende 2012
Historial de equipos
Golden State Warriors (2012–2014)
Santa Cruz Warriors (2012–2013)
Los Angeles Lakers (2014)
Atlanta Hawks (2014–2019)
Portland Trail Blazers (2019–2020)
Sacramento Kings (2020)
Golden State Warriors (2020–2021)
Los Angeles Lakers (2021–2022)

Kenneth Lamont "Kent" Bazemore, Jr., nado o 1 de xuño de 1989 en Kelford, Carolina do Norte, é un xogador americano de baloncesto profesional.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Despois de non ser elixido no Draft da NBA de 2012, Bazemore uniuse ós Oklahoma City Thunder para a Liga de Verán de Orlando, e ós Golden State Warriors para a Liga de Verán de Las Vegas. O 26 de xullo de 2012, Bazemore asinou un contrato cos Warriors.[1] Durante a súa tempada coma rookie, foi asignado varias veces ós Santa Cruz Warriors, afiliado de Golden State na NBA Development League.

O 19 de febreiro de 2014, Bazemore foi traspasado xunto a MarShon Brooks ós Los Angeles Lakers a cambio de Steve Blake.[2]

O 23 de setembro de 2014, Bazemore asinou cos Atlanta Hawks.[3]

O 24 de xuño de 2019, Bazemore foi traspasado ós Portland Trail Blazers a cambio de Evan Turner.[4]

O 20 de xaneiro de 2020, Bazemore foi traspasado xunto a Anthony Tolliver e dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft ós Sacramento Kings, a cambio de Trevor Ariza, Wenyen Gabriel e Caleb Swanigan.[5]

O 23 de novembro de 2020, Bazemore asinou cos Golden State Warriors.[6]

O 6 de agosto de 2021, Bazemore asinou de novo cos Los Angeles Lakers.[7]

O 21 de setembro de 2022, Bazemore asinou cos Sacramento Kings,[8] pero foi cortado o 13 de outubro de 2022.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Warriors Sign Rookie Free Agent Kent Bazemore". NBA.com (Turner Sports Interactive, Inc.). July 26, 2012. Consultado o July 26, 2012. 
  2. "Lakers Acquire Bazemore and Brooks". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 19 de febreiro de 2014. Consultado o 19 de febreiro de 2014. 
  3. Hawks Sign Free Agent Guard Kent Bazemore
  4. "Atlanta Hawks Acquire Evan Turner From Portland In Exchange For Kent Bazemore". NBA.com. Consultado o 24 de xuño de 2019. 
  5. "Kings Acquire Kent Bazemore, Anthony Tolliver, 2024 and 2025 Second-Round Draft Selections". NBA.com. 20 de xaneiro de 2020. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  6. "Golden State Warriors bring back Kent Bazemore on 1-year contract". NBA.com. 22 de novembro de 2020. Consultado o 23 de novembro de 2020. 
  7. "Lakers Sign Kent Bazemore". NBA.com. 6 de agosto de 2021. Consultado o 6 de agosto de 2021. 
  8. "Kings Sign Kent Bazemore and Quinn Cook". NBA. Consultado o 21 de setembro de 2022. 
  9. "Kings Waive Kent Bazemore and Quinn Cook". NBA. Consultado o 22 de xaneiro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]