Nikola Vučević

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Nikola Vucevic»)
Nikola Vučević
Chicago Bulls – No. 9
Posición Pivote
Información persoal
Nacemento 24 de outubro de 1990 (33 anos)
Suíza Morges, Suíza
Nacionalidade Montenegro Montenegro
Altura 2,11 m (6 ft 11 in)
Peso oficial 118 kg (260 lb)
Información da carreira
Instituto Stoneridge Preparatory
(Simi Valley, California)
Universidade USC (2008–2011)
NBA Draft 2011 / Rolda: 1 / Elección: 16
Por Philadelphia 76ers
Carreira dende 2011
Historial de equipos
Budućnost Podgorica (2011)
Philadelphia 76ers (2011–2012)
Orlando Magic (2012–2021)
Chicago Bulls (2021–presente)

Nikola Vučević (en serbio cirílico: Никола Вучевић), nado en Morges (Vaud, Suíza) o 24 de outubro de 1990, é un xogador profesional de baloncesto montenegrino que xoga nos Chicago Bulls da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O 23 de xuño de 2011, Vučević foi elixido na 16ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Philadelphia 76ers.[1] Durante o lockout da NBA de 2011, Vučević xogou no KK Budućnost Podgorica de Montenegro. Asinou cos 76ers o 9 de decembro de 2011.[2]

O 10 de agosto de 2012, Vučević foi traspasado ós Orlando Magic no traspaso entre catro equipos que mandou a Dwight Howard ós Los Angeles Lakers.[3]

O 25 de marzo de 2021, Vučević foi traspasado xunto a Al-Farouq Aminu ós Chicago Bulls, a cambio de Wendell Carter Jr., Otto Porter e dúas futuras eleccións da primeira rolda do Draft.[4] Vučević debutou cos Bulls o 27 de marzo de 2021, facendo 21 puntos, 9 rebotes e 4 asistencia na derrota de Chicago contra os San Antonio Spurs por 120–104.[5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2012. Consultado o 19 de agosto de 2012. 
  2. "Philadelphia 76ers Sign 2011 Draft Picks Vucevic and Allen; Training Camp Roster at 15". Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2012. Consultado o 19 de agosto de 2012. 
  3. "Reports: Howard dealt to Lakers in four-team trade". Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2012. Consultado o 10 de agosto de 2012. 
  4. "Bulls acquire All-Star Nikola Vucevic and Al-Farouq Aminu in trade with Magic". NBA.com. Consultado o 2021-03-26. 
  5. Dominguez, Raul. "Nikola Vucevic scores 21 points in his Chicago Bulls debut, but the San Antonio Spurs hold on for a 120-104 victory". chicagotribune.com. Consultado o 2021-03-28. 
  6. Cali, Mike (2021-03-27). "The Nikola Vucevic era is officially underway in Chicago". Orlando Pinstriped Post. Consultado o 2021-03-28. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]