Delonte West
| Axente libre | |
| Escolta | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 26 de xullo de 1983 (29 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,96 m (6 ft 5 in) |
| Peso | 95 kg (209 lb) |
| Instituto | Eleanor Roosevelt |
| Información da carreira | |
| Universidade | Saint Joseph's |
| NBA Draft | 2004 / Rolda: 1 / Elección: 24
Escollido por Boston Celtics |
| Carreira | dende 2004 |
| Historial de equipos | |
| Boston Celtics (2004-2007) Seattle SuperSonics (2007-2008) Cleveland Cavaliers (2008-2010) Boston Celtics (2010-2011) Dallas Mavericks (2011-2012) |
|
| Información en nba.com | |
Delonte Maurice West, nado o 26 de xullo de 1983 en Washington, D.C., é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que actualmente é axente libre. Mide 1,96 e xoga de escolta.
Índice |
Traxectoria [editar]
Foi seleccionado polos Boston Celtics na posición 24 do Draft da NBA de 2004. O seu primeiro ano foi difícil, xa que sufriu de continuas lesións, xogando un total de 39 partidos en toda a tempada. Fixo unha media de 4,5 puntos por partido.
No ano 2006 participou no equipo dos Sophomores do All-Star. Non foi previamente seleccionado, pero entrou no equipo a última hora tras a lesión do seu antigo compañeiro Jameer Nelson. O 21 de febreiro de 2008 foi traspasado dende os Seattle SuperSonics aos Cleveland Cavaliers xunto a Wally Szczerbiak a cambio de Ira Newble e Donyell Marshall. En agosto de 2010 foi traspasado aos Minnesota Timberwolves, mais unha semana despois dano de baixa, asinando un mes despois, o 1 de setembro, cos Boston Celtics.
West asinou cos Dallas Mavericks en decembro de 2011.[1] Foi suspendido indefinidamente tras unha derrota en pretempada o 15 de outubro de 2012. Foi reincorporado ó equipo ó día seguinte, pero dez días máis tarde foi suspendido de novo pola mesma razón, tras outra derrota. Tres días máis tarde, o 29 de outubro de 2012, West foi cortado polos Mavericks.
Notas [editar]
- ↑ "Mavericks Sign Guard Delonte West". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 13 de decembro de 2011. http://www.nba.com/mavericks/news/mavericks_sign_guard_delonte_w_2011_12_13.html. Consultado o 13 de decembro de 2011.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha en NBA.com (en inglés)
|
||||||||