Tony Allen
| Memphis Grizzlies – No. 9 | |
| Base | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 11 de xaneiro de 1982 (31 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,93 m (6 ft 4 in) |
| Peso | 97 kg (213 lb) |
| Instituto | Crane, Chicago |
| Información da carreira | |
| Universidade | Oklahoma State |
| NBA Draft | 2004 / Rolda: 1 / Elección: 25
Escollido por Boston Celtics |
| Carreira | dende 2004 |
| Historial de equipos | |
| Boston Celtics (2004–2010) | |
| Premios e galardóns | |
| 1× Campión da NBA (2008) | |
| Información en nba.com | |
Anthony "Tony" Allen, nado o 11 de xaneiro de 1982 en Chicago, Illinois, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga para os nos Memphis Grizzlies, franquía da NBA.
Índice |
Traxectoria [editar]
Foi seleccionado polos Celtics na posición 25 do Draft da NBA de 2004. Na súa primeira tempada na liga, foi seleccionado para disputar o partido Rookies vs. Sophomores durante o fin de semana do All-Star, xunto ao seu compañeiro de equipo Al Jefferson. Ese ano, promediou 6.4 puntos e 2.9 rebotes por partido.
En xaneiro de 2007 tivo unha grave lesión no ligamento cruzado anterior que lle fixo perder gran parte da tempada.[1] Tras gañar o anel de campión cos Celtics en 2008, en xullo dese mesmo ano foi renovado polo club por dúas tempadas máis, por cinco millóns de dólares.[2] En xullo de 2010 Allen asinou un contrato por tres anos cos Memphis Grizzlies.
Notas [editar]
- ↑ sports.ign.com Tony Allen Interview, consultado setembro de 2008
- ↑ Celtics rebound, re-sign Allen, House, consultado setembro de 2008
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||