Jameer Nelson
| Orlando Magic – No. 14 | |
| Aleiro | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 9 de febreiro de 1982 (-17859 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,83 m (6 ft 0 in) |
| Peso | 86 kg (190 lb) |
| Salario | $6.138.888 |
| Instituto | Chester, Pensilvania |
| Información da carreira | |
| Universidade | St. Joseph's |
| NBA Draft | 2004 / Rolda: 1 / Elección: 20
Escollido por Denver Nuggets |
| Carreira | dende 1998 |
| Premios e galardóns | |
| 1× NBA All-Star (2009) | |
| Información en nba.com | |
Jameer Nelson, nado o 9 de febreiro de 1982 en Chester, Pensilvania, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Orlando Magic da National Basketball Association (NBA). Mide 1,85 metros e xoga de base.
Índice |
Carreira [editar]
Universidade [editar]
Nelson comezou a súa carreira na Universidade de Saint Joseph's na tempada 2000-2001, facendo 6,5 asistencias por partido e batendo a marca da universidade de máis asistencias repartidas nunha soa campaña, con 213. Na súa tempada sophomore, liderou a conferencia en porcentaxe de tiros libres e finalizou segundo en anotación con 14.4. Fixo ademais 6.3 asistencias por partido, 16º na nación.
Pero non foi até a terceira tempada cando se asistiu á explosión como xogador de Nelson, facendo 19,7 puntos, 5,1 rebotes, 4,7 asistencias e 2,2 roubos de balón por partido. Anotou 39 puntos, marca na súa carreira universitaria, ante Dayton na segunda rolda do torneo Atlantic 10, a terceira mellor anotación na historia do torneo e a sexta na universidade. Esa campaña, Nelson e o seu compañeiro Delonte West, actualmente en Boston Celtics, liderou aos Hawks a un balance de 27-0 na tempada regular.
Nelson abandonou a universidade como o mellor xogador de todos os tempos de Saint Joseph's, liderando en anotación (2.094 puntos), asistencias (714) e roubos de balón (256). O seu número foi retirado pola universidade o 23 de abril de 2004. Debido á súa excelente tempada de junior, Nelson recibiu o Premio John R. Wooden, o Universitario do Ano e o Premio Adolph Rupp, entre outros, en 2004.
NBA [editar]
Nelson foi seleccionado na vixésima posición do Draft da NBA de 2004 por Denver Nuggets, sendo inmediatamente traspasado a Orlando Magic a cambio dunha primeira rolda de 2005. Aínda que moitos prognosticaban que Nelson sería un Top 10, caeu até o posto 20, sendo adquirido finalmente por Orlando Magic, ansiosos dun base.
Comezou a súa carreira na NBA lentamente, xogando pouco nun principio. Trala marcha do base Steve Francis a New York Knicks, Nelson adquiriu máis protagonismo nos Magic, sendo a base titular do equipo. Na súa segunda campaña foise até os 14,6 puntos e 4,9 asistencias por partido, aumentando os 8,7 e 3 da tempada anterior. No seu primeiro ano na liga, foi nomeado no segundo mellor quinteto de rookies. Nos 77 partidos, todos eles de titular, que xogou na tempada 2006-07, Nelson fixo 13 puntos e 4,3 asistencias, estancándose no ano que parecía ser o da súa explosión na NBA. Con todo, xa ns tempada 2008-09, e a pesares dunha lesión, mellorou de xeito considerable os seus números, facendo 16,7 puntos, 5,1 asistencias e 3,0 rebotes por encontro.