Provincia eclesiástica de Santiago de Compostela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A provincia eclesiástica de Santiago de Compostela constitúe unha das 14 provincias eclesiásticas en España. Constituída pola arquidiocese de Santiago de Compostela e as súas catro dioceses sufragáneas: as dioceses de Mondoñedo-Ferrol, Lugo, Ourense e Tui-Vigo.

Historia[editar | editar a fonte]

A diocese de Compostela foi erixida o 5 de decembro de 1095 mediante a bula Veterum sinodalia do papa Urbano II, mediante a cal decláraa herdeira absoluta da diocese de Iria Flavia. Ademais do cambio de nome e da sé, Urbano II exímea da súa condición de sufragánea da diocese de Braga, pasando a selo unicamente da Santa Sé.

Tras o auxe cada vez maior da sede compostelá, o 27 de febreiro de 1120, o papa Calisto II mediante a bula Onmipotentis dispositione executada o 25 de xullo dese mesmo ano, converte a diocese de Compostela en Arquidiocese Metropolitana de Santiago de Compostela; trasladándolle a esta os dereitos e privilexios de Mérida, desaparecida como igrexa metropolitana tras a invasión dos bérberes.

Declarada capital da Lusitania, sometéronselle como sufragáneas as sedes de Beja, Lisboa, Ossobona (Faro), Idaña (Guarda), Coímbra, Viseu, Lamego, Cidade Rodrigo, Salamanca, Ávila, Évora e Coria. [1]

Isto motivaría unha longa contenda, por parte dalgúns bispos portugueses do sur do Douro, entre as arquidioceses de Braga e a de Compostela; poñéndolle fin o papa Inocencio III no ano 1199, ao atribuír a Braga as dioceses de Coímbra e Viseu.

No ano 1393, o papa Bonifacio IX mediante a bula «In eminentissimae dignitatis» eleva a diocese de Lisboa a metrópole eclesiástica, pasando a ser sufragáneas desta as dioceses de Évora, Guarda, Lamego e Silves (Faro). Segregando así por completo as dioceses portuguesas de Santiago. [2] [3]

Dous anos máis tarde (1395) durante o Cisma de Occidente as igrexas de Portugal prestaron obediencia a Roma. En cambio as de Galicia, o mesmo que as de Castela, sometéronse ao papa de Aviñón, e pasaron a ser sufragáneas de Compostela. [1] [4]

Mapa eclesiástico de España antes do concordato de 1851

En 1851 o estado español firma un concordato coa Santa Sé que implicaría, entre outras cousas, unha reorganización territorial das dioceses españolas, onde nese mesmo ano a diocese de Coria pasaría a ser sufragánea da arquidiocese de Toledo [5] e en 1857 crearíase a Provincia Eclesiástica de Valladolid mediante a bula «Vicariam Potestatem» do papa Pio IX, pasando a formar parte dela as dioceses de Ciudad Rodrigo, Salamanca e Ávila. [6] [7]

Tras o concordato de 1953 modificánse os límites das dioceses de España para "evitar, en lo posible, que las diócesis abarquen territorios pertenecientes a diversas provincias civiles". Producíndose así unha serie de agregacións e segregacións entre as dioceses de Oviedo, Astorga, Mondoñedo - Ferrol, Lugo e Ourense para que en cada unha delas non houbese territorios dunha comunidade autónoma distinta á das súas sedes; a excepción dos arciprestazgos de Rúa e Barco de Valdeorras, que sendo da provincia de Ourense mantivéronse na diocese de Astorga.

Mapa eclesiástico de España despois do concordato de 1851

Organización territorial[editar | editar a fonte]

A provincia eclesiástica de Santiago de Compostela fórmana a Arquidiocese de Santiago de Compostela -que é a sede metropolitana- e as dioceses sufragáneas de Mondoñedo-Ferrol, Lugo, Ourense e Tui-Vigo. Ademais, o arcebispo de Santiago de Compostela é o metropolitano da provincia e ten autoridade limitada sobre as dioceses sufragáneas.[8]

Provincia eclesiástica de Santiago de Compostela
Catedral Advocación Dioceses
Catedral de Santiago de Compostela Santiago o Maior Santiago de Compostela
Catedral de Mondoñedo Asunción de María Mondoñedo-Ferrol
Catedral de Lugo Santa María Lugo
Catedral de Ourense San Martínño Ourense
Catedral de Tui Santa María Tui-Vigo

Ademais das cinco catedrais as dioceses de Mondoñedo-Ferrol e Tui-Vigo posúen as seguintes concatedrais:

Concatedral Advocación Dioceses
Concatedral de Ferrol San Xulián Mondoñedo-Ferrol
Concatedral de Vigo Santa María Tui-Vigo

Actualmente, a provincia ten ao redor de 3645 parroquias, abarca uns ____ km² en onde habitan aproximadamente 2.669.768 de persoas das cales el ____% son católicos.

Datos comparativos entre as dioceses da provincia
Dioceses Erixida Área(km²) % C. Poboación total P.
Santiago de Compostela [9] Século IX 8.546 1.339.464 1.071
Mondoñedo-Ferrol [10] Ano 1114 258.942 423
Lugo [11] Século II 262.265 1.139
Orense [12] Século V 274.598 736
Tuy-Vigo [13] Século VI 534.499 276
Total 2.669.768 3.645
% C.=Porcentaxe de católicos; P.=Número de parroquias

Arciprestazgos[editar | editar a fonte]

Mapa dos arciprestazgos da provincia Eclesiástica de Santiago de Compostela

As dioceses da provincia eclesiástica de Santiago de Compostela subdivídense nun total de 84 arciprestazgos, repartidos do seguinte xeito:

Dioceses Arz. Últ. Reestruturación
Santiago de Compostela 37
Mondoñedo-Ferrol 7 19/06/2006 [14]
Lugo 14 15/01/2010 [15]
Orense 12 31/05/2013 [16]
Tuy-Vigo 14 29/06/2016 [17]

Episcopologio[editar | editar a fonte]

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Historia de la Diócesis". Archidiócesis de Santiago de Compostela (en castelán). Consultado o 2021-07-26. 
  2. "Diocese de Coimbra". www.diocesedecoimbra.pt. Consultado o 2021-09-21. 
  3. "Patriarcado de Lisboa". www.patriarcado-lisboa.pt. Consultado o 2021-09-21. 
  4. "Historia". Diócesis de Lugo (en castelán). 2012-12-02. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2021. Consultado o 2021-09-21. 
  5. "Historia". Archidiócesis de Toledo (en castelán). Consultado o 2021-09-21. 
  6. "Cronología". www.archivalladolid.org. Consultado o 2021-09-21. 
  7. "La Diócesis – Diócesis de Ciudad Rodrigo" (en castelán). Consultado o 2021-09-21. 
  8. "Organización y Gobierno de la Iglesia". Catholic.net (en castelán). Consultado o 2021-07-22. 
  9. "Nomenclátor Santiago de Compostela 2020" (PDF). 
  10. "Nomenclátor Mondoñedo-Ferrol 2020" (PDF). 
  11. "Nomenclátor Lugo 2020" (PDF). 
  12. "Nomenclátor Ourense 2020" (PDF). 
  13. "Nomenclátor Tui-Vigo" (PDF). 
  14. "Decreto de reestructuración de los arciprestazgos diocesanos". mondonedoferrol.org. Consultado o 2021-07-26. 
  15. "A Nosa Voz. Mayo - Junio 2010" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de xullo de 2021. Consultado o 20 de agosto de 2022. 
  16. "Boletín Oficial Obispado de Ourense. Abril - Junio 2013" (PDF). 
  17. "Decretos de reestructuración arciprestazgos 29/06/2016" (PDF).