Mailoc

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Mailoc (ou Maeloc) foi un bispo galego de orixe bretoa, cuxo nome aparece entre os prelados participantes no I Concilio de Lugo, no ano 569, e no II Concilio de Braga, no ano 572. Representaría a colonia britana estabelecida, no Norte da Galiza, por brito-romanos emigrantes que abandonaran a illa de Bretaña, a actual Gran Bretaña, fuxindo das invasións de anglosaxóns xermánicos, acaecidas entre o século V e o VII.

Mailoc figura como bispo da diocese de Britonia, lugar que os expertos identifican habitualmente co actual lugar de Santa María de Bretoña, ubicado no concello lucense de A Pastoriza.

[editar] O nome Mailoc ou Maeloc

O seu nome indudabelmente céltico, corresponde ao actual francés Maclou, como en Saint Maclou, tomado do bretón continental, onde tal santo é tradicionalmente tido por un dos sete fundadores do cristianismo armoricano. O onomástico latinizouse como Maclovius e aínda Machutus. A forma céltica orixinaria debe ser Mac'h Low, composto de «mac'h» "prenda" e «luh» "luz; brillante" .

[editar] Curiosidades

O segundo disco do grupo folk galego Milladoiro levaba por título A Galicia de Maeloc.

[editar] Referencias

  • Young, Simon, Britonia: Camiños Novos, Noia, 2002. ISBN: 84-95622-58-0
Ferramentas persoais
Outras linguas