Academia Auriense-Mindoniense de San Rosendo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Academia Auriense-Mindoniense de San Rosendo é unha organización secular galega da Igrexa Católica. Ten por obxecto tender pontes entre Galiza e as grandes culturas europeas, tendo como horizonte a herdanza cultural e moral do cristianismo[1].

[editar] Historia

Foi constituída en Celanova o 22 de novembro de 2008, coincidindo coa clausura do Ano Xubilar de San Rosendo. Foi promovida polas dioceses de Mondoñedo-Ferrol e Ourense, sendo os seus padroádegos os correspondentes bispos Luís Quinteiro Fiúza e Manuel Sánchez Monge. Está presidida polo teólogo Segundo Leonardo Pérez López.

Entre os académicos hai teólogos, historiadores, escritores, artistas plásticos e investigadores.[2].

A Academia edita a revista Rudesindus[3].

Ten a súa sede no pazo episcopal de Mondoñedo. Foi inaugurada o 28 de febreiro de 2009, coincidindo co cabodano do pasamento de Álvaro Cunqueiro.

[editar] Académicos

[editar] Notas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas