Arquidiocese católica latina de Valladolid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaArquidiocese católica latina de Valladolid
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°42′N 4°42′O / 41.7, -4.7Coordenadas: 41°42′N 4°42′O / 41.7, -4.7
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de Valladolid Editar o valor em Wikidata
Escindido deDiocese católica latina de Palencia Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación523.088 (2017) Editar o valor em Wikidata (64,79 hab./km²)
Lingua usadalingua castelá Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica latina Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie8.073 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación4 de xullo de 1857 Editar o valor em Wikidata
CatedralCatedral de Valladolid Editar o valor em Wikidata

Páxina webarchivalladolid.org Editar o valor em Wikidata

A arquidiocese de Valladolid (en latín: archidiœcesis vallisoletana) é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Latina. En 2010 tiña 453.527 bautizados sobre unha poboación total de 533.561 habitantes. Actualmente está gobernada por Ricardo Blázquez Pérez.

Territorio[editar | editar a fonte]

A arquidiocese abrangue a totalidade da provincia de Valladolid. A sé arcebispal é a cidade de Valladolid, onde está a catedral de Nosa Señora de San Lourenzo.

O territorio está dividido en 307 parroquias, agrupadas en catro vigairías.

Historia[editar | editar a fonte]

A diocese de Valladolid foi erixida o 25 de setembro de 1595 coa bula Pro excellenti do papa Clemente VIII, en territorios até entón pertencentes á diocese de Palencia. A erección da nova diocese puxo fin ao longo conflito entre os abades de Valladolid e os bispos de Palencia.

A raíz do acordo entre España e Santa Sé asinado en 1851, o 4 de xullo de 1857 foi elevada ao rango de arquidiocese metropolitana.

En 1955 o territorio diocesano foi ampliado, adaptándoo ao da provincia civil de Valladolid.

Episcopoloxio[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]