Diocese católica latina de Bilbao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diocese de Bilbao
Diœcesis Flaviobrigensis
Bilbao Kath Fassade1.jpg

Catedral de Bilbao
Datos xerais
Erección 2 de novembro de 1949 pola bula Quo commodius
Localización Biscaia, España
Sufragánea de Arquidiocese de Burgos
Estatísticas
Poboación
- Fieis
- Total

900.000
1.139.012
Área 2.193,17 km2
Información
Igrexa Igrexa Católica
Ritos Rito romano
Xerarquía
Papa Francisco
Bispo Mario Iceta
Outros datos
Sede central Bilbao
Páxina web www.bizkeliza.org


A diocese de Bilbao (en latín: Dioecesis Flaviobrigensis, en éuscaro: Bilboko Elizbarrutia) é unha sé episcopal da Igrexa Católica de rito latino en España. Fai parte da provincia eclesiástica de Burgos, e o seu ordinario actual é o bispo Mario Iceta .

Territorio[editar | editar a fonte]

Localización e extensión da diocese de Bilbao na arquidiocese de Burgos.

O territorio da diocese coincide co da provincia de Biscaia (parte da comunidade autónoma do País Vasco), con só dúas excepcións: o enclave biscaíño de Orduña, que pertence á diocese de Vitoria, e o municipio cántabro de Valle de Villaverde, que forma parte da diocese bilbaína.

Limita coas dioceses de Santander, Vitoria e San Sebastián.

Historia[editar | editar a fonte]

A diocese de Bilbao foi erixida por Pío XII a través da bula Quo Commodius do 2 de novembro de 1949 como unha desmembración da Diocese de Vitoria.

O nome latino de Dioecesis Flaviobrigensis foille imposto pola bula de erección ao supoñer que Bilbao foi o lugar onde estivo asentada a cidade hispanorromana de Colonia Flaviobrigensium, feito que o historiador Andrés Eliseo de Mañaricúa y Nuere considera pouco probable.

Santos e beatos[editar | editar a fonte]

O patrono da diocese de Bilbao é santo Ignacio de Loiola. San Valentín de Berriochoa, primeiro mártir biscaíño canonizado, está considerado como patrono secundario da diocese.

Ademais dos anteriores, a diocese de Bilbao celebra no seu calendario litúrxico propio as memorias dos seguintes santos e beatos, vencellados a diocese por nacemento ou por ter vivido nela:

A Virxe de Begoña, advocación da Virxe María que é venerada no santuario do mesmo nome, é patroa do Señorío de Biscaia, mais non da diocese de Bilbao; porén, celébrase con rango de solemnidade.

Episcopoloxio[editar | editar a fonte]

Dende o seu establecemento, os bispos diocesanos de Bilbao teñen sido os seguintes:

  1. Casimiro Morcillo (1950 - 1955, nomeado arcebispo de Zaragoza)
  2. Pablo Gúrpide (1955 - 1968, finado)
  3. Antonio Añoveros (1971 - 1978, renuncia)
  4. Luis María de Larrea (1979 - 1995, retirado)
  5. Ricardo Blázquez (1995 - 2010, nomeado arcebispo de Valladolid)
  6. Mario Iceta (2010 - actualidade)

Nos periodos nos que a sé estivo vacante, os administradores apostólicos da mesma foron os seguintes:

Os bispos auxiliares de Bilbao teñen sido os seguintes:

  • Juan María Uriarte (1976 - 1991)
  • Carmelo Etxenagusia (1995 - 2008)
  • Mario Iceta (2008 - 2010)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]