Campionatos rexionais de fútbol en España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os campionatos rexionais de fútbol foron unha serie de competicións futbolísticas disputadas nos diferentes territorios de España durante a primeira parte do século XX. Algúns comezaron a organizarse de xeito non oficial ou por federacións territoriais primixenias. Coa creación da Real Federación Española de Fútbol, as federacións territoriais afiliadas foron as encargadas de organizar os respectivos campionatos rexionais, que se converteron na vía de clasificación para o Campionato de España. Desapareceron en 1940 converténdose nas divisións rexionais da Liga española (agás nas Canarias, onde non sucedeu ata 1949).

Historia[editar | editar a fonte]

Os primeiros campionatos rexionais comezaron a organizarse antes da existencia dunha federación estatal e mesmo antes da existencia de federacións territoriais. En Cataluña, a Copa Macaya (1901 a 1903) e a Copa F.C. Barcelona (1903) darían paso ao campionato catalán organizado pola Asociación de Clubs de Foot-ball de Barcelona.[1] Tamén en 1903, constitúese en Madrid a súa primixenia federación territorial que comeza a organizar un campionato naquela área.[2] En 1905, comeza a disputarse o Campionato de Galicia organizado polo Vigo Foot-ball Club.[3]

Coa creación da Real Federación Española de Fútbol en 1913, os campionatos rexionais organizados polas respectivas federacións territoriais afiliadas convertéronse na vía de acceso ao Campionato de España.

En paralelo ao desenvolvemento da organización interna da Federación Española de Fútbol, o campionato de España pasou dunha proba de libre concorrencia dos Clubs, que empezou sendo en 1902, a unha competición máis detalladamente organizada.
Polo de pronto, pasados os primeiros anos, e deixando á parte os dous campionatos que por momentaneas incompatibilidades de clubs se xogaron en 1910, e a situación creada pola existencia de dúas Federacións Nacionais en 1913, que deu lugar tamén á celebración de dous distintos campionatos de España, que foron igualmente homologados como válidos, limitouse a concorrencia ao campionato, reservándoa unicamente aos equipos vencedores do que entón se chamaban eliminatorias para o campionato de España, e que, en realidade, eran o que agora son os campionatos rexionais, que, a partir de 1915, teñen carácter distinto e réxime propio. Dende entón e ata 1925 o privilexio de participar no campionato de España se reservou aos campións das rexións, ata que na Asemblea do ano ultimamente citado se acordou que puidesen concorrer os dous clubs clasificados en primeiro e segundo lugar de cada campionato rexional.
Real Federación Española de Fútbol. Anuario 1926-1927. p. 24.

A medida que os campionatos foron crecendo, establecéronse novas categorías dentro dos mesmos, producíndose ascensos e descensos entre elas tal e como aconteceu despois na competición de Liga. Entre 1923 e 1926 os gañadores dos campionatos de segunda categoría disputaron o Campionato de España do grupo B.[4]

Entre 1931 e 1934 aparecen os campionatos mancomunados, que son organizados por varias federacións territoriais agrupadas, fusionando os seus respectivos campionatos rexionais nun só.[5] Este sistema tamén será aplicado na tempada 1939/40 de xeito excepcional para Guipúscoa, Navarra e Aragón.[6]

En 1934 a asemblea da Real Federación Española de Fútbol aprobou unha reestruturación das competicións futbolísticas, mediante a cal se crearon unha serie de Campionatos Superrexionais situados xerarquicamente por riba dos campionatos rexionais organizados polas federacións territoriais que se tiñan disputado tradicionalmente ata aquel momento.[7][8][9][10][11]

En xullo de 1936 estala a Guerra Civil e en outubro a FEF suspende as competicións a nivel estatal, pero permitindo ás federacións territoriais organizar as súas propias competicións oficiais se a situación así o permite. Ao finalizar a guerra, os campionatos disputados durante a mesma en ambas as zonas (sublevada e gobernamental) non foron anulados, aínda que non se tiveron en conta para os efectos de ascensos e descensos de categoría (Circular nº 3 de 12 de agosto de 1939), do mesmo xeito que a situación legal das licenzas de xogadores retrotraeu á existente ao fin da tempada 1935/36 (Asemblea de FEF do 22, 23 e 24 de xullo de 1939).[12]

Tralo fin da guerra, os campionatos superrexionais non foron recuperados, xogándose no seu lugar os tradicionais campionatos rexionais durante a tempada 1939/40.[6] Esta sería a derradeira vez que se disputarían antes da súa supresión. Para a tempada 1940/41, o Comité Directivo da FEF presidido por Luis Saura del Pan (médico e ex xogador do Real Madrid) decidiu suprimir de facto todos os campionatos rexionais, agás nas Canarias, excluíndo de participar nos mesmos aos equipos encadrados no Campionato Nacional de Liga[13][14] e modificando o sistema de clasificación para o Campionato de España, que sería outorgada segundo a posición final acadada na propia Liga.[13][15] Deste xeito, os campionatos rexionais convertéronse nas división rexionais da Liga española.

Finalmente, a Asemblea da Real Federación Española de Fútbol aceptou o ingreso das Canarias na competición de Liga en xuño de 1949, permitindo o ascenso dende os campionatos tinerfeño e das Palmas á Segunda División.[16]

Listaxe de campionatos[editar | editar a fonte]

Campionatos rexionais[editar | editar a fonte]

Campionato de Aragón[editar | editar a fonte]

Dende 1916 se disputaron edicións non oficiais, ata que en 1922 foi fundada a Federación Aragonesa e empezou a organizalo de xeito oficial.[17]

Campionato de Asturias[editar | editar a fonte]

Dende 1916 foi organizado pola Federación Asturiana.[20]

Campionato de Baleares[editar | editar a fonte]

A Federación Balear organizou o campionato a partir de 1926.[23]

Campionato de Biscaia[editar | editar a fonte]

A Federación Biscaína formouse en 1918 coas provincias de Biscaia, Santander e Áraba, trala división da Federación Norte. En 1923 os clubs da provincia de Santander formaron a Federación Cantabra, mentres que Áraba pasou a formar parte da Federación Guipuscoana en 1938.[24]

Campionato das Canarias[editar | editar a fonte]

En 1926 creáse a Federación Canaria,[27][28] que organizou o torneo ata 1931, cando se divide en dous, formándose a Federación Tinerfeña e a Federación das Palmas.[29] Dende entón ambas as dúas federacións organizan o seu respectivo campionato rexional, correspondendo inicialmente a representación das Canarias no Campionato de España nos anos pares ao campión tinerfeño e nos impares ao campión das Palmas.[30] A diferenza do resto de campionatos rexionais, que foron convertidos en divisións rexionais da Liga española en 1940, os campionatos rexionais tinerfeño e das Palmas aínda perviviron como campionatos de máxima categoría ata que a Asemblea da Real Federación Española de Fútbol aceptou o ingreso das Canarias na competición de Liga en xuño de 1949, permitindo o ascenso dende os devanditos campionatos á Segunda División.[16] Paralelamente as dúas federacións canarias organizaron en conxunto unha serie de competicións a nivel de todo o arquipélago.[31][32][33]


Campionato de Cantabria[editar | editar a fonte]

Inicialmente os clubs cántabros formaron parte da Federación Norte (entre 1913 e 1917) e logo da Federación Biscaína (entre 1917 e 1922), ata que foi fundada Federación Cántabra e comezou a organizar o campionato.[53]

Campionato de Castela-León[editar | editar a fonte]

Organizado pola Federación Castelá-Leonesa entre 1923 e 1931.[57] A Federación Castelá-Leonesa chegou a abarcar as provincias de Burgos, Palencia, Valladolid, Salamanca, Zamora, León, Ávila e Segovia.[58] En 1932, as provincias de Zamora, Valladolid, Ávila, Salamanca e Segovia uníronse á Federación Centro, que trocou o seu nome polo de Federación Castelá,[59] mentres que Palencia e Burgos pasaron a formar parte da Federación Cantabra e León incorporouse á Federación Asturiana.[60]

Campionato de Cataluña[editar | editar a fonte]

As primeiras edicións disputáronse de maneira non oficial: a Copa Macaya entre 1901 e 1903, e a Copa F.C. Barcelona en 1903.[1] A partir de 1903 comeza a ser organizado oficialmente pola Asociación de Clubs de Foot-ball de Barcelona (que máis tarde se convertirá na Federación Catalana de Fútbol). En 1913, as discrepancias entre os clubs que levaron a coexistencia de dous federacións estatais (Federación Española de Clubs de Football e Real Unión Española de Clubs de Football)[61] conducen a un escenario semellante en Cataluña, onde coexisten dúas federacións catalanas e cada unha delas organiza o seu propio campionato territorial. Durante as tempadas 1934-36 o torneo adquiriu a nivel oficial o rango de Campionato Superrexional, malia que só participaban nel equipos de Cataluña.[7][62] Porén na tempada 1935-36 organízase un Campionato Rexional de Cataluña de primeira categoría por debaixo do Superrexional que gaña o Granollers S.C.,[63] permitíndolle disputar o Campionato de España.[64]

Campionato do Centro[editar | editar a fonte]

O campionato empezou a disputarse en 1903 baixo os auspicios da Federación Madrileña de Foot-ball, sendo disputado por equipos madrileños e denominado Campionato de Madrid.[2] En 1913, coa formación da Real Federación Española de Fútbol, refúndase como Campionato do Centro, organizado pola Federación Centro, a cal chegaría a abranguer todas as provincias de Castela a Nova.[58] En 1932, incorpóranse a esta federación as provincias de Zamora, Valladolid, Ávila, Segovia e Salamanca, trocando o nome a Federación Castelá.[59]


Campionato de Extremadura[editar | editar a fonte]

A Federación Extremeña foi fundada en 1924 e comezou a organizar o campionato ao ano seguinte. Entre 1932 e 1935 a provincia de Huelva estivo adscrita a esta federación, denominándose Federación do Oeste.[68]


Campionato de Galicia[editar | editar a fonte]

O primeiro Campionato de Galicia organizouno de xeito non oficial o Vigo Foot-ball Club entre 1905 e 1912. A partir de 1913 organizouno oficialmente a Federación Galega de Fútbol.[71]

Campionato de Guipúscoa[editar | editar a fonte]

A Federación Guipuscoana formouse en 1918 trala división da Federación Norte. O seu ámbito territorial abranguía as provincias de Guipúscoa, Navarra e Logroño. En 1928 fundouse a Federación Navarra cos clubs do devandito territorio, mentres que a provincia de Áraba entrou a formar parte da Federación Guipuscoana en 1938.[24]

Campionato hispanomarroquí[editar | editar a fonte]

Foi organizado pola Federación Hispano-Marroquí, que abranguía Ceuta, Melilla, o Protectorado Español de Marrocos e a Zona Internacional de Tánxer.[76]

Campionato de Murcia[editar | editar a fonte]

A Federación Murciana foi creada en 1924 e organizou o seu campionato dende 1925. Pertenceron a esta federación os clubs da antiga rexión de Murcia e a maior parte da provincia de Alacant.[77]

Campionato de Navarra[editar | editar a fonte]

Inicialmente os clubs navarros formaron parte da Federación Norte (entre 1913 e 1918) e logo da Federación Guipuscoana (entre 1917 e 1928). En 1928 fundouse a Federación Navarra que organizou o campionato dende ese mesmo ano.[24]

Campionato do Norte[editar | editar a fonte]

Organizado pola Federación Norte entre 1913 e 1918. A Federación Norte abranguía as provincias de Guipúscoa, Biscaia, Áraba, Santander e Navarra. En 1918 a Federación foi dividida en dúas: a Federación Guipuscoana (coas provincias de Guipúscoa, Navarra e Logroño) e a Federación Biscaína (coas provincias de Biscaia, Áraba e Santander).[24]

Campionato do Sur[editar | editar a fonte]

Foi organizado pola Federación Sur dende a súa constitución en 1915.[82]

Campionato de Valencia[editar | editar a fonte]

Comezou a celebrarse como Campionato de Levante organizado pola Federación de Levante, ata que en 1924 os equipos da antiga rexión de Murcia e da maior parte da provincia de Alacant pasaron a formar a Federación Murciana, mundando entón o nome do torneo a Campionato de Valencia e o da federación a Federación Valenciana.[77]


Campionatos mancomunados[editar | editar a fonte]

Campionatos superrexionais[editar | editar a fonte]

Outras competicións interrexionais[editar | editar a fonte]

Á marxe dos campionatos mancomunados, superrexionais e das competicións interrexionais canarias, tamén se disputaron varias competicións interrexionais de importancia durante a Guerra Civil:

  • Na tempada 1936/37 equipos valencianos e cataláns xogaron a Liga Mediterránea da que se proclamou campión o FC Barcelona.[90][91][92]
  • Os equipos mellor clasificados na Liga Mediterránea xogaron a Copa España Libre, na que obtivo a vitoria o Levante FC.[93][94][95]
  • A Federación Guipuscoana organizou en 1938 a Copa das Brigadas de Navarra, na que participaron equipos das federacións Guipuscoana, Biscaína e Navarra.[96][97] O gañador foi o Deportivo Alavés.[98]

Palmarés[editar | editar a fonte]

A seguinte táboa proporciona unha lista de gañadores segundo o tipo de campionato disputado:

Club Rexionais Mancomunados Superrexionais Outros
Dentro
da RFEF
Antes
da RFEF
Non
oficiais
Oficialidade
dubidosa
Athletic Club 17 1
Andalucía Sevilla FC 16 1
Cataluña FC Barcelona 14 5 2 2 1 LM
Asturias Sporting de Xixón 13
Cantabria Racing de Santander 13
Comunidade de Madrid Real Madrid 12 6 3 2
Valencia CF 9 1 1
Murcia Real Murcia 9 1
Canarias Real Club Victoria 9 2 4 CIC, 3 LI, 1 CC
Real Unión Club 9
Canarias CD Tenerife 7 3 3 LI
Canarias Marino FC 7 1 1 4 CIC
Aragón Iberia SC 7 5
Galicia Celta de Vigo 6 1
Cataluña RCD Espanyol 6 2 1
Illas Baleares RCD Mallorca 6 2
Galicia Deportivo da Coruña 6
Real Sociedad 5 2
Galicia Vigo Sporting 5
Asturias Real Oviedo 4 1 2
Arenas de Getxo 4 1
Andalucía Recreativo de Huelva 4
Ceuta Ceuta Sport 4
Castela e León Cultural Leonesa 4
Comunidade de Madrid Atlético de Madrid 4
Navarra CA Osasuna 4
Illas Baleares Constancia FC 3 1
Galicia Fortuna de Vigo 3 5
Canarias Real Hespérides 3 1 LI
Estremadura Don Benito 3
Estremadura RCD Extremeño 3
Galicia Racing de Ferrol 3
Cataluña FC Espanya 2 1
Aragón RSA Stadium 2
Canarias CD Iberia 2
Canarias Real Unión de Tenerife 2 1 CC
Cantabria Santoña FC 2
Castela e León UD Salamanca 2
Comunidade de Madrid Racing Club de Madrid 2
Murcia Cartagena FC 2
Navarra CD Indarra 2
Deportivo Alavés 2 1 CBN
CD Castellón 2
Hércules CF 2
Levante UD 1 1 1 CEL
Comunidade de Madrid RS Gimnástica Española 1 2
Andalucía Español FC 1
Andalucía Racing Club de Córdoba 1
Andalucía Real Betis 1
Andalucía Xerez FC 1
Aragón Arenas SC 1
Aragón Aviación Nacional 1
Aragón Español FC 1
Asturias Club Gijón 1
Asturias Racing Club Langreano 1
Asturias Stadium Ovetense 1
Illas Baleares Athletic de Palma 1
Illas Baleares Unión Sportiva Mahón 1
Canarias Atlético Club 1
Canarias CD Price 1 1 LI
Castela e León CD Español 1
Castela e León Real Unión Deportiva 1
Castela e León Real Valladolid 1
Cataluña CE Europa 1
Cataluña CE Sabadell 1
Cataluña Granollers S.C. 1
Ceuta Africa Sport Club 1
Ceuta Cultura Sport Ceutí 1
Estremadura Badajoz FC 1
Estremadura Patria FC 1
Galicia Club Lemos 1
Galicia Unión Sporting Club 1
Comunidade de Madrid AD Ferroviaria 1
Protectorado Español de Marrocos Atlético Tetuán 1
CD Getxo 1
CD Roca 1
SD Erandio 1
Tolosa CF 1
Murcia CD Aguileño 1
CD Villareal 1
CF Nules 1
Club Natación Alicante 1
España FC 1
Gimnástico FC 1
Aragón Real Zaragoza 1
A Rioxa CD Logroño 1
Cataluña X Sporting 3
Canarias CD Gran Canaria 1
Canarias Santa Catalina CF 1
Comunidade de Madrid Club Español de Madrid 1
Comunidade de Madrid Moderno FC 1
Galicia Vigo FC 2
Cataluña Hispania CF 1

Cronoloxía[editar | editar a fonte]

  • Nota: Só se amosan os campionatos rexionais, mancomunados e superrexionais ata 1940. Non se amosan outro tipo de competicións rexionais ou interrexionais, nin as de Canarias dende 1940 a 1949.
Tempada Cataluña Galicia Asturias Cantabria Norte Biscaia Guipúscoa Navarra Aragón Madrid/

Centro/

Castela

Castela-

León

Sur Extremadura/

Oeste

Valencia/

Levante

Murcia Baleares Hispano-

Marroquí

Canarias Tinerfeño As Palmas
1900-01 C.R.(n.o.)
1901-02 C.R.(n.o.)
1902-03 C.R.(n.o.)x2 C.R.
1903-04 C.R. C.R.
1904-05 C.R. C.R.
1905-06 C.R. C.R.(n.o.) C.R.
1906-07 C.R. C.R.(n.o.) C.R.
1907-08 C.R. C.R.(n.o.) C.R.
1908-09 C.R. C.R.(n.o.) C.R.
1909-10 C.R. C.R.(n.o.) C.R.
1910-11 C.R. C.R.(n.o.) C.R.
1911-12 C.R. C.R.(n.o.) C.R.(n.o.)
1912-13 C.R.x2 C.R. C.R.(n.o.)
1913-14 C.R. C.R. C.R. C.R. C.R.
1914-15 C.R. C.R. C.R. C.R. C.R.
1915-16 C.R. C.R. C.R. C.R. C.R.
1916-17 C.R. C.R. C.R. C.R. C.R.(n.o.) C.R. C.R. C.R.(n.o.)
1917-18 C.R. C.R. C.R. C.R. C.R.(n.o.) C.R. C.R.
1918-19 C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R.(n.o.) C.R. C.R. C.R. C.R.
1919-20 C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R.(n.o.) C.R. C.R. C.R.
1920-21 C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R.(n.o.) C.R. C.R. C.R.
1921-22 C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R.(n.o.) C.R. C.R. C.R.
1922-23 C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R.
1923-24 C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R.
1924-25 C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R.
1925-26 C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R.
1926-27 C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R.
1927-28 C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R.
1928-29 C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R.
1929-30 C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R.
1930-31 C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R.
1931-32 C.R. C.R. M.A-C. M.A-C. C.R. M.G-N-A. M.G-N-A. M.G-N-A. / M.C-A-CL. M.C-A-CL. M.C-A-CL. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R.
1932-33 C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. M.G-N-A. M.G-N-A. M.G-N-A. M.C.S M.C.S C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R.
1933-34 C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. M.G-N-A. M.G-N-A. M.G-N-A. M.C.S M.C.S C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R.
1934-35 S.G4 C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R.
S.G1 S.G1 S.G2 S.G3 S.G3 S.G3 S.G2 S.G2 S.G5 S.G5 S.G5 S.G5
1935-36 C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R.
S.G4 S.G1 S.G1 S.G2 S.G3 S.G3 S.G3 S.G2 S.G2 S.G6 S.G6 S.G5 S.G5
1936-37 C.R. C.R. S.V-M. S.V-M. C.R.(o?)
1937-38 C.R. C.R. C.R.(n.o.) C.R.(o?)
1938-39 C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R.(o?) C.R.
1939-40 C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. M.G-N-A. M.G-N-A. M.G-N-A. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R. C.R.
     Campionato rexional.      Campionato rexional (xerarquicamente inferior ao superrexional).      Campionato non oficial.      Oficialidade dubidosa.      Campionato mancomunado.      Campionato superrexional.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Spain - List of Champions of Catalonia RSSSF
  2. 2,0 2,1 Spain - List of Champions of Centro RSSSF
  3. "Notas de Sport. Campeonato de Galicia. —Organizado por la Sociedad de Vigo foot-ball Club— Bases.". Noticiero de Vigo nº 5.463. 19 de agosto de 1905. p. 1. 
  4. Real Federación Española de Fútbol. Anuario 1926-1927. p. 26.
  5. Ernesto Alba (1 de xullo de 2015). "La reforma de los campeonatos regionales (1930-1936)]". Cuadernos de Fútbol nº 67 (en castelán). ISSN 1989-6379. 
  6. 6,0 6,1 Federación Española de Fútbol. Anuario 1942. p. 133.
  7. 7,0 7,1 Federación Española de Fútbol. Anuario 1936. pp. 121–124.
  8. "El plan de competiciones para la temporada 1934-35". Luz nº 811 (en castelán). 11 de agosto de 1934. p. 10. 
  9. "El plan de competiciones para la temporada 1934-35". El Tiempo: Diario Independiente nº 8.505 (en castelán). 11 de agosto de 1934. p. 1. 
  10. "El plan de competiciones para la temporada 1934-35". El Tiempo: Diario Independiente nº 8.505 (en castelán). 11 de agosto de 1934. p. 2. 
  11. "La reorganización federativa y el plan de competición para la próxima temporada". La Libertad nº 4.490 (en castelán). 12 de agosto de 1934. p. 6. 
  12. José del Olmo (1 de decembro de 2019). "El torneo Copa España Libre, Ricardo Cabot y las actas de la FIFA". Cuadernos de Fútbol nº 115 (en castelán). ISSN 1989-6379. 
  13. 13,0 13,1 Federación Española de Fútbol. Anuario 1942. pp. 135—139
  14. "Deportes. Cuándo se jugará la Copa del Generalísimo y cómo se jugará la próxima competición de Liga". La Región nº 7.928 (en castelán). 24 de abril de 1940. p. 3. 
  15. Copa del Generalísimo 1941 linguasport.com
  16. 16,0 16,1 "Pleno de la Federación Española de Fútbol". La Noche nº 8.756. 8 de xuño de 1949. p. 3. 
  17. Spain - List of Champions of Aragón - Campeonato Regional de Aragón RSSSF
  18. Federación Española de Fútbol. Anuario 1936. p. 14.
  19. Federación Española de Fútbol. Anuario 1942. p. 12.
  20. Spain - List of Champions of Asturias - Campeonato Regional de Asturias RSSSF
  21. Federación Española de Fútbol. Anuario 1936. p. 23.
  22. Federación Española de Fútbol. Anuario 1942. p. 26.
  23. Spain - List of Champions of Baleares - Campeonato Regional Balear RSSSF
  24. 24,0 24,1 24,2 24,3 Spain - List of Champions of Norte RSSSF
  25. Federación Española de Fútbol. Anuario 1936. p. 117.
  26. Federación Española de Fútbol. Anuario 1942. p. 127.
  27. Federación Española de Fútbol. Anuario 1931. p. 223.
  28. Canary Islands Championship - Campeonato Regional de Canarias RSSSF
  29. Federación Española de Fútbol. Anuario 1942. pp. 84, 109.
  30. "Deportes. Tenerife tiene ya su federación autónoma". La Prensa: diario republicano nº 4.659. 8 de agosto de 1931. p. 3. 
  31. Federación Española de Fútbol. Anuario 1947. p. 196.
  32. Federación Española de Fútbol. Anuario 1948. p. 206.
  33. Federación Española de Fútbol. Anuario 1949. p. 192.
  34. "Deportes. Futbol". El Sol nº 4.254. Madrid. 1 de abril de 1931. p. 6. 
  35. 35,0 35,1 35,2 35,3 35,4 Federación Española de Fútbol. Anuario 1942. p. 86.
  36. Campeonato de Canarias - 1943 lahistoriadelfubolcanario.com
  37. Campeonato de Canarias - 1944 lahistoriadelfubolcanario.com
  38. Campeonato de Canarias - 1945 lahistoriadelfubolcanario.com
  39. Campeonato de Canarias - 1946 lahistoriadelfubolcanario.com
  40. Campeonato de Canarias - 1947 lahistoriadelfubolcanario.com
  41. 41,0 41,1 41,2 Federación Española de Fútbol. Anuario 1949. p. 153.
  42. Campeonato de Canarias - 1949 lahistoriadelfubolcanario.com
  43. Liga Interregional - Temporada 1941 lahistoriadelfubolcanario.com
  44. 44,0 44,1 44,2 44,3 44,4 44,5 44,6 44,7 Federación Española de Fútbol. Anuario 1947. pp. 204–206.
  45. 45,0 45,1 45,2 Federación Española de Fútbol. Anuario 1948. p. 216.
  46. Liga Interregional - Temporada 1949 lahistoriadelfubolcanario.com
  47. 47,0 47,1 47,2 47,3 Federación Española de Fútbol. Anuario 1942. pp. 113–114.
  48. Federación Española de Fútbol. Anuario 1949. p. 200.
  49. PRIMERA REGIONAL TINERFEÑA 1948-49 arquero-arba.futbolme.net
  50. 50,0 50,1 50,2 50,3 Federación Española de Fútbol. Anuario 1947. pp. 140–141.
  51. Federación Española de Fútbol. Anuario 1948. p. 151.
  52. PRIMERA REGIONAL GRANCANARIA 1948-49 arquero-arba.futbolme.net
  53. Spain - List of Champions of Cantabria RSSSF
  54. Federación Española de Fútbol. Anuario 1936. p. 36.
  55. "El torneo regional. El Santoña F.C., campeón absoluto". Diario de Burgos nº 18.952. 14 de xaneiro de 1936. p. 6. 
  56. "El Santoña, venciendo al Deportivo Mirandés, se proclama campeón regional". El Cantábrico: diario de la mañana nº 14.260. 14 de xaneiro de 1936. pp. 4–5. 
  57. Spain - List of Champions of Castilla-León RSSSF
  58. 58,0 58,1 Federación Española de Fútbol. Anuario 1931. p. 213.
  59. 59,0 59,1 Federación Española de Fútbol. Anuario 1933. p. 247.
  60. Federación Española de Fútbol. Anuario 1933. p. 232.
  61. La Federación Española de Fútbol (I) La Futbolteca
  62. Federación Española de Fútbol. Anuario 1942. pp. 129,142.
  63. 63,0 63,1 Federación Española de Fútbol. Anuario 1942. p. 63.
  64. Federación Española de Fútbol. Anuario 1942. p. 131.
  65. Federación Española de Fútbol. Anuario 1936. p. 61.
  66. Federación Española de Fútbol. Anuario 1936. p. 44.
  67. Federación Española de Fútbol. Anuario 1942. p. 42.
  68. Spain - List of Champions of Extremadura RSSSF
  69. 69,0 69,1 Federación Española de Fútbol. Anuario 1942. p. 68.
  70. Federación Española de Fútbol. Anuario 1936. p. 65.
  71. Spain - List of Champions of Galicia RSSSF
  72. Federación Española de Fútbol. Anuario 1936. p. 70.
  73. Federación Española de Fútbol. Anuario 1942. p. 74.
  74. Federación Española de Fútbol. Anuario 1936. p. 74.
  75. Federación Española de Fútbol. Anuario 1942. p. 78.
  76. Spain - List of Champions of North Africa RSSSF
  77. 77,0 77,1 Spain - List of Champions of Levante - Campeonato Regional de Levante RSSSF
  78. Federación Española de Fútbol. Anuario 1936. p. 89.
  79. Federación Española de Fútbol. Anuario 1942. p. 92.
  80. Federación Española de Fútbol. Anuario 1936. p. 94.
  81. Federación Española de Fútbol. Anuario 1942. p. 97.
  82. Spain - List of Champions of Sur (Campeonato Regional Sur) RSSSF
  83. Federación Española de Fútbol. Anuario 1936. p. 100.
  84. Federación Española de Fútbol. Anuario 1942. p. 106.
  85. Federación Española de Fútbol. Anuario 1936. p. 109.
  86. Federación Española de Fútbol. Anuario 1942. p. 119.
  87. Federación Española de Fútbol. Anuario 1933. p. 234.
  88. "Los Deportes. Futbol. Partidos para mañana. Se jugarán encuentros de campeonato regional en toda España". La Correspondencia de Valencia nº 21.910. 24 de setembro de 1932. p. 4. 
  89. Federación Española de Fútbol. Anuario 1933. p. 267.
  90. "Fútbol. Mañana se inicia el torneo Liga Levante-Cataluña... con cuatro equipos catalanes". El diluvio nº 26. 30 de xaneiro de 1937. p. 2. 
  91. "Actos deportivos. El Barcelona vencedor de la Liga Mediterránea". Hoja oficial del lunes nº 594. Barcelona. 3 de maio de 1937. p. 2. 
  92. Spain - Mediterranean League Libre 1937 RSSSF
  93. "Los deportes. Fútbol. Copa España Libre". El Diluvio nº 131. 3 de xuño de 1937. p. 2. 
  94. "Los deportes. Trofeo Presidente de la República. El Levante vencedor". El Diluvio nº 171. 20 de xullo de 1937. p. 7. 
  95. Spain - Copa de España Libre 1937 RSSSF
  96. "Deportes. Se disputará en el norte la Copa Brigadas de Navarra". El Pueblo Gallego nº 4.480. 26 de xaneiro de 1938. p. 8. 
  97. "El día 6 de febrero dará comienzo el Campeonato Guipuzcoano de Fútbol". Pensamiento Alavés nº 1.543. 22 de xaneiro de 1938. p. 2. 
  98. "Deportes. Copa Brigadas de Navarra. El Deportivo Alavés vence en la final al Oriamendi". El Pueblo Gallego nº 4.610. 28 de xuño de 1938. p. 7.