Congro
| Congro | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Conger Conger | ||||||||||||
O congro, anguiacho ou correolo (cando son pequenos), con nome científico Conger conger é un peixe angüiliforme cun corpo forte, similar ao dunha serpe, cilíndrico, cunha apertura branquial, en forma de rendixa, que chega até o ventre.
Carece de escamas e de aletas ventrais mais si dispón de aletas pectorais.
A aletas dorsal, caudal e anal reúnense formando unha crista cutánea que empeza xusto tras das aletas pectorais.
Son depredadores puros e aliméntanse principalmente de cefalópodos e pequenos crustáceos. Durante o día descansan en gretas rochosas e pola noite saen a cazar.
A femia pode acadar os 3 m de lonxitude (e 50 quilogramos de peso), o macho a metade. Trala fecundación, á femia atrófiaselle o aparato dixestivo e deixa de se alimentar, viaxa a mar aberto e desova a uns 1000 m de profundidade, e morre de fame. As correntes mariñas distribúen aleatoriamente os leptocéfalos. A reprodución prodúcese no verán, podendo chegar a pór de 3 a 8 millóns de ovos[1].
[editar] Xéneros
- Acromycter
- Ariosoma
- Bassanago
- Bathycongrus
- Bathymyrus
- Bathyuroconger
- Blachea
- Castleichthys
- Chiloconger
- Conger
- Congrhynchus
- Congriscus
- Diploconger
- Gnathophis
- Gorgasia
- Heteroconger
- Japonoconger
- Kenyaconger
- Leptocephalus
- Lumiconger
- Macrocephenchelys
- Ophisoma
- Parabathymyrus
- Paraconger
- Poeciloconger
- Promyllantor
- Pseudophichthys
- Pseudoxenomystax
- Rhechias
- Rhynchoconger
- Scalanago
- Uroconger
- Xenomystax
[editar] Notas
- ↑ Guía do consumidor de peixe fresco. Xunta de Galicia, Consellaría de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. 2000.