Angüiliformes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anguía (Anguilla anguilla)

Os Angüiliformes (Anguilliformes) son unha orde de peixes teleósteos, da superorde Elopomorfos (Elopomorpha). Teñen o cuerpo de forma alargada que semella o dunha serpe e reúne especies tanto mariñas como de río. Aparecen por primeira vez no rexistro fósil durante o Cretácico medio.

O nome procede do latín anguilla, que significa anguía.

A orde inclúe estecies de tanto valor comercial como as anguías, as moreas e os congros.

Índice

Características [editar]

Presentan un corpo tipicamente moi alargado (morfoloxía que toma o nome do grupo, angüiliforme). Adoitan ter a pel núa, sen escamas, e cando as teñen son de tipo cicloide, embebidas na pel. A abertura das branquias adoita ser moi estreita e desprazada no corpo cara atrás; os maxilares posúen dentes ben formados en toda a boca. Todos teñen vexiga natatoria.

Carecen de aletas pelvianas e mesmo do esqueleto no que se basearían estas aletas. As aletas pectorais tamén faltan nalgunhas especies e, aquelas que as presentan, téñenas en posición moi alta. A aleta dorsal e a anal adoitan estar unidas á caudal, que é pequena e con radios curtos.

Clasificación [editar]

Divídense en tres subordes e 15 familias:

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe a especie: Angüiliformes