Nasa
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
- Este artigo trata sobre a arte de pesca; se anda á procura da páxina dedicada á National Aeronautics and Space Administration, vexa NASA.
A 'nasa é unha arte de pesca na que se emprega unha armazón de forma cilíndrica ou troncocónica, de madeira ou metal, recuberta por un pano de rede, cunha boca en forma de funil pola que entra marisco ou peixes, que se deposita no mar para posteriormente recollela. Utilízase en Galiza e no Cantábrico.
As nasas somérxense prendidas dun cabo e cébanse con calquera tipo de carnada de peixe ou vísceras de animais. As nasas arríanse dúas veces ao día para retirar as posíbeis capturas. Os crustáceos máis pescados son o centolo, o lumbrigante, a nécora, o santiaguiño e a lagosta. Úsase tamén para o polbo.
No Uruguai tamén se utilizan nasas para a pesca de peixes (ollomol). Teñen forma de campá con dúas bocas. Pola inferior entra a captura e pola superior retírase.
[editar] Galería de imaxes
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:
| Artes de pesca |
|
| Clasificación |
|
| arte de anzol, arte de arrastre, arte de arrastre-cerco, arte de arrastre de fondo, arte de arrastre peláxico, arte de cerco, arte de deriva, palangre de fondo, palangre de superficie |
| Tipos |
|
| angazo | *baca | *beta | bicheiro | *biturón | *boitirón | boliche | bou | bou de man | bou de vara | *buitrón | can da ameixa | cavador | cerco | cerco de xareta | chinchorro | endeño | facho | fisga | frisga | forquita | fouciño | fouza | francada | gancha | gancho | liña | mediomundo | miño | nasa | palangre | *palangrillo | paraferra | pincho | piobardeira | racú | raeira | raño | rapa | rapeta | rasca | rasco | raspa | raspeta | raspita | rasqueta | rasquete | rasquiño | rasto | rastro | recú | rinseiro de nasas | sacho | salabardo | sardiñal | tala | tanga | tanza | tarrafa | trasmallo | trueiro | truel | vaca | veta | viturón ou voitirón | *voiturón | volanta | xeito |
| Outras denominacións e artes |
|
| cedazo - chinche - trilla - sacada - secada - sisga - trabuquete - *xábega - xávega |
| Termos relacionados |
|
Deportivas: brumeo - á cacea - ó corricán/ó *curricán - volantín
Outros útiles, construcións, modalidades, técnicas: espello ou mirafondos | caneiro - pesco - pesqueira | á pombeira - (ó/con) femieiro - á/en parella - ó/en rinseiro | largada/largado e virada/virado |
| Tecnoloxía |
|
Elementos básicos: anzol; rodel - boia/flotador - lastre/chumbo - resón/rezón/rizón - áncora
Rede e partes: rede: malla - pano - peza; cope/copo - ?corona - mesa - manga - viseira - bocana - perna/á/banda - ?batadero - dosena
Cordiame e cables: cordiame; relinga - tralla - cala - calón/cúa - vento - xareta
Outros: porta - retranca/tangón |
| Embarcacións |
|
| chalana - dorna - gamela - racú/recú - tangoneiro - traíña - volanteira - xeiteiro |
Nota: As denominacións en cursiva, aínda que posiblemente válidas, non son as contempladas polo Decreto 424/1993 da Xunta (DOG nº13 de 20/01/1994) e non está confirmada e documentada (de momento e coa referencia dada) a súa equivalencia co resto.
As precedidas de asterisco (*), están especificamente proscritas polo VOLG. Así por exemplo, palangrillo está no DOG pero non no VOLG.
|
|
|
Artigo nos seus primeiros pasos. Esta páxina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nela para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. (Se fose posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico.) |