Carnada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anzol imitando un insecto.
Pesca ao corricán.

Chámase carnada, ou engado, a calquera alimento ou substancia que o imita utilizados para atraer a unha presa.[1] na pesca e na caza.

O obxecto da carnada é o de atraer a un animal (peixe, crustáceo ou molusco) a a unha trampa (por exemplo, unha nasa) e, nos casos dos peixes, sobre todo a que mordan un anzol. Na caza, o de atraer ao animal ao lugar onde se encontra o cazador, ou a unha trampa.[1]

A carnada na pesca[editar | editar a fonte]

O termo utilízase especialmente con respecto á pesca con anzol (corricán, palangre, liña, con cana, etc.). A carnada pínchase no anzol de xeito que o peixe poida quedar enganchado nel no momento en que se dispón a comela.

Na pesca deportiva tradicionalmente as miñocas, insectos e peixes máis pequenos utilizábanse adoito para este propósito. Porén, o uso de carnadas naturais foi restrinxido en moits zonas de España, debido á súa alta eficacia. No seu lugar, os pescadores utilizan carnadas sintéticas, e onxectos como as cucharillas.

Ademais das carnadas de plástico os pescadores comezaron a utilizar engados electrónicos para atraeren aos peixes.

Debido ao risco de transmitir enfermidades, a troita e o salmón non deben ser utilizados como ccarnada.

As carnadas naturais poden dividirse en:

  • Simples.
    • Animais. Adecuados para as especies depredadoras.
    • Vexetais. Recomendados para a pesca en auga doce en ríos con pouca corrente.
  • Compostos. Son carnadas que requiren algún tipo de preparación, e nas que interveñen diferentes substancias.

Entre as carnadas artificiais encóntranse:

  • Os peixes artificiais
  • As plumas e os vinilos
  • As "cucharillas"

A carnada na caza[editar | editar a fonte]

O uso de engados é unha práctica común na caza do leopardo nos safaris. Un pequeno antílope morto (ou unha cabra), colócase na parte alta dunha árbore para enganar ao leopardo. O cazador sitúase, agochado, a unha distancia de tiro e axexa ao animal, xeralmente de noite, para matalo cando vai a coller o engado.

O engado tamén se usa, en determinados países, para a caza do oso. Nas zonas de caza pódense encontrar adoito engados á venda nas gasolineiras e os almacéns de artículos de caza. O engado consiste nun pouco de substancia, a miúdo melaza doce, combinada con algunha outra substancia aromática, por exemplo carne ou peixes putrefactos. Colócasde a engado, e o cazador espera baixo cuberto á súa presa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Comida que se emprega para atraer os peixes e animais.Definición de carnada, no dicionario da RAG.