Cóngridos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cóngridos
Congridae
Conger conger
Conger conger
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Elopomorpha
Orde: Anguilliformes
Suborde: Congroidei
Familia: Congridae
Kaup, 1856
Superfamilias

A dos cóngridos (Congridae) é unha familia de peixes teleósteos da orde dos angüiliformes que se distribúen polas costas das zonas tropicais, subtropicais e temperadas dos océanos Atlántico, Índico e Pacífico.[1]

Coñecidos polo nome popular de congros, apareceron por primeira vez no rexistro fósil no cretácico superior.[2]

O congros son valiosos e a miúdo grandes peixes comestíbeis, aínda que algunhas especies da familia, de dimensións máis reducidas e que viven en colonias afundiodos na area ou a lama do fondo, do que só sobresae é unha pequena porción da cabeza e a parte anterior do tronco, a maneira das plantas dun xardín (de aí o nome co que se as coñece en inglés, garden eels, é dicir, anguías de xardín).[3]

As principais caractaríeticas das epecies da familia son a súa forma alongada, serpentiforme, o careceren de escamas e, as máis delas, por posuíren pequenas aletas pectorais. Aliméntanse de crustáceos, cefalópodos e peixes pequenos e, a diferenza doutros angüiliformes, non migran para reproducírense.[4]

A familia comprende unhas 180 especies reunidas en 32 xéneros.

O congro comnún, congro europeo ou, simplemente, congro, Conger conger, é o membro de maior tamaño da familia, que pode chegar a medir até 3 m de lonxitude e pesar máis de 30 kg.[5]

Clasficación[editar | editar a fonte]

Familia Congridae

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nelson, J.S. (1994). Fishes of the world (3ª edición ed.). pp. 600 p.
  2. Berg, L. S. (1958). System der rezenten und fossilen Fischartigen und Fische.
  3. McCosker, John F. (1998). Encyclopedia of Fishes. Academic Press. San Diego. Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N.. ISBN 0-12-547665-5.
  4. Congridae en FishBase.
  5. British Conger Club

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cóngridos
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cóngridos

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bauchot, M. K. e Pras, A. (1982): Guía de los peces de mar de España y Europa. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0685-6.
  • Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
  • Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]