Músculo subclavio
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O músculo subclavio é un músculo do membro superior humano pertencente á rexión axilar. Áchase por debaixo do músculo pectoral maior e pasa entre a clavícula e a primeira costela. Orixínase de diversas febras procedentes da primeira costela e a correspondente cartilaxe costal. Diríxese cara fóra e cara arriba para inserirse no suco fondo da superficie inferior da clavícula.
Deprime a clavícula e estabiliza a articulación esternoclavicular.
Está inervado polo nervio subclavio.
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||