Acromion

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Acromion
Gray203.png
Acromion na omoplata
Gray205 left scapula lateral view.png
Visión lateral da omoplata esquerda (acromion na esquina superior dereita)
Gray tema #50 203

O acromion, acromio ou apófise acromial é a parte superior da omoplata, onde se articula coa extremidade externa da clavícula formando a articulación acromiclavicular que non ten movemento.

É a continuación da espiña escapular, que se estende cara a axila en sentido oblicuo ascendente. Participa nas articulacións do ombreiro. Articúlase coa clavícula mediante a articulación acromio-clavicular e co úmero na articulación glenoumeral. O seu extremo máis distal cobre a cavidade glenoide da escápula.

Estrutura[editar | editar a fonte]

Superficies[editar | editar a fonte]

O acromion posúe dúas superficies, unha superior e unha inferior.

  • A superficie superior está dirixida cara arriba, cara atrás e cara fóra. É de natureza rugosa e permite a inserción de fibras do músculo deltoide. O resto atópase baixo a pel.
  • A superficie inferior é menos relevante. Ten forma cóncava.

Bordos[editar | editar a fonte]

O acromion infantil[editar | editar a fonte]

Durante a infancia o acromion posúe un foco de osificación propio, e está unido ao resto da escápula a través dunha cartilaxe. Nalgunhas ocasións o acromion non se solda ao resto do óso, formando un óso acromial propio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gray. Anatomy of the human body (en castelán). Edición de 1918 de dominio público.