Músculo trapecio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Trapezius Gray409.PNG

O músculo trapecio é un músculo da parte posterior do pescozo, tronco e extremidade superior. As súas funcións son as da rotación, retroceso, elevación, e abdución da escápula.

Índice

Insercións no cranio [editar]

O trapecio insírese no óso occipital, nas liñas nucais superiores e na protuberancia occipital exterior.

Insercións na columna vertebral [editar]

Distintas febras do músculo insírense nas apófises vertebrais posteriores tanto a nivel cervical coma torácico.

Insercións no tronco e membro superior [editar]

Distalmente, o trapecio insírese na clavícula, no acromion e no corpo da escápula.

Relacións do músculo [editar]

O músculo posúe unha cara superficial e unha fonda, e tres bordes, medial, inferior e anterior.

Cara superficial [editar]

É subcutánea, ocupando gran parte da superficie posterior alta do tronco.

Cara fonda [editar]

A cara fonda cobre os músculos cervicais e dorsais.

Inervación [editar]

Recibe unha inervación dobre: por unha banda, do nervio accesorio e por outra banda recibe ramos nerviosos das raíces cervicais segunda, terceira e cuarta.

Vascularización [editar]

Arteria dorsal da escápula

Véxase tamén [editar]

Bibliografía [editar]

  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.