Músculos escalenos
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os músculos escalenos son un grupo de músculos pertencentes á rexión lateral fonda do pescozo.
Índice |
Características [editar]
Tipos [editar]
Son en total tres músculos en cada lado:
- anterior: insírese na terceira vértebra superiormente e na cuarta, quinta e sexta inferiormente. Estende febras cara ao tubérculo de Lisfranc da primeira costela.
- medio: insírese na segunda vértebra superiormente e na terceira, cuarta, quinta e sexta inferiormente. Estende febras cara á primeira e segunda costela.
- posterior: insírese na cuarta vértebra superiormente e na quinta e sexta inferiormente. Estende febras cara á segunda costela.
Os tres insírense na apófise transversa bituberculosa da sexta vértebra cervical. Áchanse cubertos pola aponeurose escalénica, unha prolongación da aponeurose superficial.
O escaleno anterior cobre ao medio e ao posterior. Por diante do escaleno anterior discorre a vena subclavia, entre o escaleno anterior e o medio, a arteria subclavia e entre o medio e o posterior o nervio de Charles Bell. Por diante do escaleno anterior crúzase o nervio frénico, rama terminal do plexo cervical, que move o músculo diafragma.
Vascularización e innervación [editar]
Pólas colaterais arteriais e nerviosas procedentes da columna vertebral.
Funcións [editar]
- Inclinan a testa sobre o pescozo cara ao lado.
- Rotan a columna vertebral cara ao lado.
- Soportan o peso de elementos sobre a testa.
- Manteñen a testa erguida e fixan o pescozo.