Caoba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para a especie común denominada caoba, véxase o artigo: Swietenia mahagoni.
Caobas
Madeira da especie Swietenia macrophylla (caoba americana)
Madeira da especie Swietenia macrophylla (caoba americana)
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Sapindales
Familia: Meliaceae
Xéneros

A caoba ou acaxú é a madeira de especies de árbores da zona intertropical do xénero Swietenia: coma a caoba común (Swietenia mahagoni) do sur da Florida, Cuba, Xamaica, e a Española; e a caoba americana (Swietenia macrophylla) das costas atlánticas de América Central, América do Sur, até o sur de Bolivia. Ambas as dúas especies pertencentes á familia das meliáceas. A principal característica desta madeira é a súa cor, que vai do arroibado escuro, viño tinto e con tons máis claros segundo a variedade, até o rosado.

Hai outras madeiras procedentes de África tropical e Madagascar que, sen seren realmente caoba, adoitan chamárense “caobas” ou “caobas africanas”, e pertencen a diferentes xéneros botánicos:

As caobas constitúen o mellor exemplo de madeiras finas, sumamente apreciadas en ebanistaría por ser doadas de traballas, á vez que resistentes aos parasitos xilófagos (termitas, couza, etc.), así coma polo seu aspecto.

Ademais do seu peso, por ser unha madeira que resiste ben a humidade e de alta densidade, foi usada noutrora nas quillas dos barcos ao aumentar a estabilidade náutica por achegar máis lastre nas quillas que outras madeiras, máis lixeiras. Tamén se utiliza para a construción de guitarras e outros instrumentos de corda pulsada, como mandolinas, por exemplo, xa que por mor á súa densidade e resistencia á tracción é axeitada para o mastro e, polas súas cualidades de timbrado, para os aros e fondos. O 95% das guitarras de alta calidade son de caoba, aínda que nas guitarras clásicas ou españolas e outros cordófonos de primeira calidade hai décadas que caeu en desuso en favor doutras madeiras, do xénero Dalbergia, para o corpo, e Cedrela odorata para o mastro. A caoba úsase tamén para facer os cascos de instrumentos de percusión, como redobrantes e tambores de batería.

Regulaciones comerciais[editar | editar a fonte]

O comercio dalgunhas variedades de caoba está regulado polo CITES (Convenio sobre o Comercio Internacional de Especies de Fauna e Flora Salvaxe Ameazadas), de cumprimento voluntario, xa que a talla indiscriminada fai que se perdan progresivamente as selvas húmidas, aínda que, máis que esta zona, o hábitat da caoba é o de sabana. Os asinantes, que son na meirande parte dos países do mundo, prohiben a importación desa madeira. Porén séguese a importar caoba porque é moi apreciada. Diversas organizacións medioambientais, como Greenpeace ou Amigos da Terra, fixeron campañas para denunciar o tráfico ilegal e para endurecer as normativas ao respecto.

Usos[editar | editar a fonte]

A caoba ou acaxú comunmente ten un gran recto e polo xeral libre de ocos e nós. Ten unha cor arroibada acastañada, que escurece co tempo, e amosa un brillo avermellado cando está pulida. Ten excelente traballabilidade, e é moi duradeira. Historicamente, a circunferencia da árbore permitiu tirar táboas largas. Estas propiedades convértena nunha madeira axeitada e excelente para a elaboración de armarios e moblaxe en xeral.

Gran parte dos móbeis de primeira calidade feitos nas colonias americanas de mediados do século XVIII fixéronse con pau de acaxú, cando por vez primeira estivo a disposición dos artesáns americanos. A caoba segue a ser amplamente utilizada para moblaxe fina; porén, a rareza da caoba cubana e a sobreexplotación de caoba en Honduras e no Brasil reduciu o seu uso. A madeira de caoba tamén é resistente á podremia, polo que é atractiva na construción de barcos. Tamén se utiliza a miúdo en instrumentos musicais, especialmente a parte de atrás, os costados e os colos das guitarras acústicas e proxectís de tambores, por mor á súa capacidade para producir un ton cálido e moi profundo, en comparación con outras madeiras de uso común, tales como o pradairo ou o bidueiro. Os modelos de guitarras Martin D-18 e Gibson Les Paul son dous exemplos que presentan caoba na súa construción.

A caoba estase a utilizar agora para os corpos de gama alta estéreo fonográficas cartuchos de rexistro e para auriculares estéreo, no que se salienta un son musical “quente”.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]