Estrela de mercurio-manganeso
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa astronomía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
As estrelas de mercurio-manganeso son un tipo de estrelas cunha liña prominente a 398,4 nm[1]no seu espectro, debido á absorción de mercurio ionizado.
Características [editar]
Son estrelas de tipo espectral B8 ou B9, que presentan dúas características distintivas:
- Exceso de elementos coma fósforo, manganeso, galio, estroncio, itrio, zirconio, platino e mercurio.
- Carecen dun campo magnético forte.
A súa rotación é relativamente lenta, e en consecuencia a súa atmosfera está en relativa calma. Diferentes tipos de átomos afundense baixo a acción da gravidade, mentres que otros son empurrados ó exterior pola presión de radiación, facendo ca súa distribución non sexa homoxénea.
O arquetipo de estrelas de mercurio-manganeso é Alpheratz (α Andromedae). Outras estrelas deste tipo son: Muliphein (γ Canis Majoris), Gienah Gurab (γ Corvi), χ Lupi, φ Herculis, Maia (20 Tauri) ou HD 29647.