Eesti Rahvusringhääling

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eesti Rahvusringhääling
Inicio das emisións 1 de xuño de 2007
Propiedade de Empresa pública
País Estonia Estonia
Lingua estoniano
Área de emisión Estonia Estonia
Sede central Tallin

Na rede
http://www.err.ee/

Eesti Rahvusringhääling (en galego, Radiodifusión Pública de Estonia), tamén coñecida polas siglas ERR, é a compañía de radiodifusión pública de Estonia. Creouse en 2007 e actualmente xestiona cinco cadeas de radio e dúas canles de televisión. É membro da Unión Europea de Radiodifusión.

Historia[editar | editar a fonte]

O primeiro medio de comunicación estoniano que comezou as súas emisións é a actual Eesti Raadio, baixo a denominación Raadio-Ringhäälingut, o 18 de decembro de 1926. Coa incorporación de Estonia á Unión Soviética, o servizo de radio cambiou o seu nome polo de Radio Tallin. O servizo de televisión iniciou a súa actividade o 19 de xullo de 1955 como Tallinna Televisioonistuudio.

Cando Estonia obtivo a súa independencia, os medios de radio e televisión xa existentes convertéronse nun servizo público do novo estado. En 1990 renomearonse como Eesti Raadio e Eesti Televisioon respectivamente, cun funcionamento independente e separado.

En xaneiro de 2007 aprobouse a Lei de Radiodifusión Pública de Estoniana, que estableceu a creación do ente público Eesti Rahvusringhääling para integrar os servizos de radio e televisión, a partir do 1 de xuño do mesmo ano. Nos seus estatutos, sentou as súas bases nos valores de innovación, servizo público, profesionalidade e responsabilidade coa sociedade civil.[1]

Servizos[editar | editar a fonte]

Radio[editar | editar a fonte]

  • Vikerraadio: Cadea de radio de contidos xerais que basea a súa programación en informativos, magacines e entretemento.
  • Raadio 2: Radio con perfil xuvenil, especializada en música.
  • Klassikaraadio: Emite música clásica, jazz, folk e programas culturais.
  • Raadio 4: Cadea dedicada ás minorías lingüísticas estonas, especialmente enfocada na comunidade de fala rusa.
  • Raadio Tallinn: Radio internacional de Eesti Raadio, que inclúe programas das anteriores cadeas e doutras internacionais como BBC Radio ou Deutsche Welle.

Televisión[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Valores de ETV Arquivado 09 de novembro de 2007 en Wayback Machine. Eesti Televisioon

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]