Jugoslovenska Radiotelevizija

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Jugoslоvenska Radiotelevizija»)
Jugoslovenska Radiotelevizija
Inicio das emisións 1952 (como Jugoslovenska Radiotelevizija)
Fin das emisións 1992 (pola desaparición de Iugoslavia)
Propiedade de Empresa pública
País Iugoslavia Iugoslavia
Área de emisión Iugoslavia Iugoslavia

Jugoslovenska Radiotelevizija ou JRT (en galego:Radiotelevisión iugoslava) foi o ente público de radiodifusión da República Federal Socialista de Iugoslavia, ata a súa desaparición en 1992. O ente estaba conformado pola unión dos distintos entes de radio e televisión subnacionais (tanto repúblicas como provincias autónomas) que en conxunto conformaban a federación iugoslava:

Ente Sede Central
RS Bosnia e Hercegovina Radiotelevizija Sarajevo Saraxevo
RS Croacia Radiotelevizija Zagreb Zagreb
RS Macedonia Radiotelevizija Skopje Skopje
RS Montenegro Radiotelevizija Titograd Titogrado
RS Serbia Radiotelevizija Beograd Belgrado
PAS Vojvodina Radiotelevizija Novi Sad Novi Sad
PAS Kosovo Radiotelevizija Priština Pristina
RS Eslovenia Radiotelevizija Ljubljana Liubliana

A JRT foi un dos membros fundadores da Unión Europea de Radiodifusión, ademais de ser o único estado socialista pertencente a esta organización.

Entre as actividades do ente, cabo destacar a realización do Jugovizija, concurso no cal, as distintas radiodifusoras que conformaban o ente, presentaban as súas cancións, para logo, escoller a que representaría a Iugoslavia no Festival da Canción de Eurovisión.

Desintegración[editar | editar a fonte]

Durante a partición de Iugoslavia, moitas das súas antigas unidades federales proclamáronse a si mesmas como independentes, á vez que os seus respectivos centros radiodifusores cambiaban de nome, por exemplo:

País Organismo Ano Siglas
Bosnia e Hercegovina Bosnia e Hercegovina Radio-Televizija Bosne i Hercegovine 1992 RTBiH
República Serbia (entidade serbia de Bosnia e Hercegovina) Radio-Televizija Republike Srpske 1992 PTPC
Federación de Bosnia e Hercegovina (entidade croato-bosníaca de Bosnia e Hercegovina) Radio-Televizija Federacije Bosne i Hercegovine 1992 RTVFBiH
Croacia Croacia Hrvatska Radiotelevizija 1990 HRT
Eslovenia Eslovenia Radiotelevizija Slovenija 1991 RTVSLO
Macedonia do Norte Macedonia do Norte Makedonska Radio Televizija 1993 MKRTV
Montenegro Montenegro Radio-televizija Crne Gore 1992 RTCG
Serbia Serbia Radio-televizija Srbije 1992 PTC
Kosovo Kosovo (Soberanía discutida) Radio Televizioni i Kosovës
(RTV Priština aínda existe, pero non emite programación)[1]
1992 RTK
Voivodina (provincia autónoma de Serbia) Radio-Televizija Vojvodine 1992 PTB

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]