Canal Super3
| Canal Super3 | |
|---|---|
| Inicio das emisións | 18 de outubro de 2009 |
| Propiedade de | CCMA |
| Formato da imaxe | 16:9 |
| Datos de audiencia | 1,5% (outubro de 2012, TV3) |
| País | |
| Lingua | Catalán |
| Área de emisión | |
| Sede central | Sant Joan Despí |
| Canal que substitúe | K3 |
| Canal/is irmán(s) | TV3 El 33 Esport 3 3/24 3XL TV3CAT TV3HD |
| Páxina web | www.super3.cat |
Canal Super3 é unha canle de Televisió de Catalunya, a emisora pública de Cataluña, dedicada ao público infantil e xuvenil. Comezou a emitir o 18 de outubro de 2009 en substitución do K3.
O nome da canle está baseado no programa infantil máis popular da cadea, Club Super3, en emisión desde 1991.
Índice |
Historia [editar]
Coa chegada do apagamento analóxico no ano 2010, Televisió de Catalunya remodela a súa oferta na televisión dixital terrestre. Entre outros cambios, decídese modificar a oferta de programación infantil e xuvenil, e substituír á canle K3. Anteriormente, existiu unha canle coa mesma denominación que emitiu na plataforma Vía Dixital. A inauguración da canle tivo lugar durante La Festa dels Súpers, o 18 de outubro de 2009.
Programación [editar]
A diferenza de K3, que estaba ideado a un público infantil e xuvenil, a programación de Super3 está enfocada a un público de idade inferior aos 9 anos. Ademais dos programas cos que xa se contaba antes, á programación chegaron outros espazos como a serie nipoa Blue Dragon.
A programación non está diferenciada por bloques específicos, polo que desapareceron espazos como 3xl.cat.