Euskal Irrati Telebista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sede EITB en Iurreta.

Euskal Irrati Telebista ou EITB, é a Radio Televisión Vasca. Trátase dun ente público, de dereito privado, creado polo Goberno Vasco en 1982 para a produción e emisión de radio e televisión, co fin de servir á normalización da lingua vasca.

Características[editar | editar a fonte]

En 2010 era un grupo de empresas comprendido por:

  • EITB, máis coñecido como "o Ente" que engloba os servizos comúns de todo o Grupo. As súas instalacións e estudos xerais están situados tanto no municipio de Iurreta, en Biscaia, no barrio donostiarra de Miramon, en Guipúscoa.
  • ETB, Euskal Telebista, Televisión Vasca, a empresa de produción e emisión de televisión. Ten un centro de produción no barrio donostiarra de Miramón con dous estudos con platós de 800 m²; un de 300 m², outros dous con pequeños platós 100 m², varias salas de postprodución e grafismo. O centro emisor e de informativos está en Iurreta, consta de 2 estudos, un cun plató de 250 m² e outro de 150 m². Ten salas de postprodución e grafismo, así como a área de emisión, continuadada, dende onde se emiten 5 cadeas, ETB 1 (integramente en éuscaro), ETB 2, Canal Vasco (destinado a América), ETB SAT (para España e Europa) e o de contribución a Euskaltel, Betizu (infantil). Ten corresponsalías en Bilbao, Vitoria, Donostia, Baiona, Pamplona, Madrid e Bruxelas.
  • Radio Euskadi, é a emisora de radio convencional en castelán con sede en Bilbao.
  • Euskadi Irratia, radio convencional en éuscaro, con sede en Donostia.
  • Euskadi Gaztea (e-gaztea), radiofórmula musical en éuscaro.
  • EITB Irratia: radio especializada en música e cultura (bilingüe).
  • Radio Vitoria, con sede en Vitoria-Gasteiz, emisora adquirida polo Goberno Vasco para forxar o Grupo EiTB. A súa emisión é en castelán para Álava.
  • EITBNET, creada en 2004 destinada á difusión de contidos en internet a creación e mantemento de páxinas web. A súa sede está no Parque Tecnolóxico de Zamudio. Dentro de esta sociedade encóntranse:
  • www.eitb.com, portal institucional do ente de comunicación. Castelán, éuscaro, francés e inglés.
  • www.eitb24.com, canal vasco de noticias e información en Internet. Actualizado en éuscaro, castelán e inglés.

Actualmente estáse construíndo unha nova sede dixital para o Grupo en Barakaldo, no que ata o de agora era a feira de mostras de Bilbao.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]