Esport3
| Esport3 | |
|---|---|
| Inicio das emisións | 5 de febreiro de 2011 |
| Propiedade de | Televisió de Catalunya |
| Formato da imaxe | 16:9 |
| Datos de audiencia | 1,1% (, TV3) |
| País | |
| Área de emisión | |
| Sede central | Sant Joan Despí |
| Canal/is irmán(s) | TV3 El 33 Canal Super3 3XL 3/24 TV3CAT TV3HD TV3 3D |
| Páxina web | esport3.cat |
| Dispoñibilidade | |
| Terrestre | |
| Barcelona: 44 Xirona: 52 Lleida: 52 Tarragona: 36 |
|
| Andorra: 57 | |
Esport3 é unha canle de televisión española propiedade de Televisió de Catalunya. A canle adícase exclusivamente ao deporte. Iniciou as súas emisións en probas o 18 de outubro de 2010 e as regulares o 5 de febreiro de 2011.
Índice |
Historia [editar]
Comezou as súas emisións de forma regular o 5 de febreiro de 2011, ás 21:45h, cun pequeno acto de presentación no Camp Nou. A súa primeira emisión regular foi o partido de fútbol disputado entre o Futbol Club Barcelona e o Club Atlético de Madrid, correspondente á 22ª xornada da Liga española de 1ª División.
Programación [editar]
A programación de Esport 3 ten retransmisións e acontecementos deportivos, sobre todo nas franxas horarias de máxima audiencia. A canle completa a súa programación apostando por programas que se centran no estilo de vida deportiva, potenciais valores emerxentes como o feito de estar en forma, a saúde ou o aire libre. Algúns programas que formaban parte de TV3 ou el 33 son emitidos nesta nova canle.