3/24
| 3/24 | |
|---|---|
| Inicio das emisións | 11 de setembro de 2003 |
| Propiedade de | CCMA |
| Formato da imaxe | 16:9 |
| Datos de audiencia | 1,0% (outubro de 2010, TNS) |
| País | |
| Lingua | Catalán |
| Área de emisión | |
| Sede central | Sant Joan Despí |
| Canal/is irmán(s) | TV3 El 33 Esport 3 Canal Super3 3XL TV3CAT TV3HD |
| Páxina web | www.324.cat |
3/24 é unha canle de Televisió de Catalunya, a emisora pública de Cataluña, dedicada integramente á emisión de noticias, as 24 horas do día.
Comezou a emitir o 11 de setembro de 2003, emitindo programas informativos da primeira canle catalá (TV3) e desde outubro do mesmo ano comezou a producir as súas propias emisións.
Programación [editar]
Na franxa horaria entre as 20:00 e as 20:30, deixa paso á emisión de Canal Parlament, tamén producido por Televisió de Catalunya.
Emite en conxunto con TV3 os informativos Telenotícies Migdia e Telenotícies Vespre. Ademais, cada media hora emite un boletín de noticias que inclúe información meteorolóxica e económica. O boletín das 00:00 dedícase exclusivamente aos deportes.
Ademais dos noticieros, realízanse diariamente entrevistas sobre temas de actualidade.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Sitio web do 3/24 (en catalán)