Canal 3XL
| 3XL | |
|---|---|
| Inicio das emisións | 19 de setembro de 2010 |
| Fin das emisións | 1 de outubro de 2012 |
| Propiedade de | CCMA |
| Formato da imaxe | 16:9 |
| Datos de audiencia | 1,5% (outubro de 2010, TNS) |
| Slogan | Estàs viu? Demostra-ho |
| País | |
| Lingua | Catalán |
| Área de emisión | |
| Sede central | Sant Joan Despí |
| Canal que substitúe | Canal 300 |
| Canal/is irmán(s) | TV3 El 33 Canal Super3 3/24 Esport 3 TV3CAT TV3HD |
| Páxina web | www.3xl.cat |
3XL foi unha canle de Televisió de Catalunya, a emisora pública de Cataluña, dedicada ao público xuvenil e que comparte a súa frecuencia co Canal Super3, emitindo desde as 21:30 horas ata a madrugada.
A canle toma o seu nome do programa de televisión 3XL.net (posteriormente 3XL.cat), que se estreou o 15 de maio de 2000 na segunda cadea de televisión catalá, Canal 33. As emisións de 3XL como cadea independente comezaron o 19 de setembro de 2010, en substitución de Canal 300. A canle potencia á súa vez unha comunidade virtual dirixida aos mozos.
O 1 de outubro de 2012, a canle cesou as súas emisións, dentro da redución de custos que fixo a emisora pública catalá. Parte da súa programación pasou a Canal Super3 e El 33.
Programación [editar]
A programación de 3XL está enfocada a un público novo entre os 15 e os 29 anos, polo que hai unha forte presenza de ficción. A maioría dos programas son estranxeiros, e entre eles destacan series británicas (The Inbetweeners, Misfits), estadounidenses, animación xaponesa (Bleach, Death Note, One Piece, Nana) e ata ciclos de cine. As series están dobradas ao catalán, lingua preferente das emisións, aínda que tamén poden verse no seu idioma orixinal ou con subtítulos.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Sitio web de 3XL (en catalán)