Televisió de Catalunya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Televisió de Catalunya é unha empresa de televisión catalá que pertence ao ente público de Cataluña, a Corporació Catalá de Mitjans Audiovisuals (CCMA), que á súa vez depende da Generalitat de Catalunya.

Actualmente posúe seis canles distintas: TV3, El 33, Canal Super3, 3/24, 3XL e Esport 3, ademais de vía satélite coa canle internacional TV3CAT e a canle en alta definición TV3HD. Todas elas emítense desde os estudos situados en Sant Joan Despí.

Índice

Estudos [editar]

A sede central de TVC está situada na localidade de Sant Joan Despí, na provincia de Barcelona. As instalacións divídense en dous edificios. No CEI (centro de emisión de informativos) atópase a redacción dos programas informativos e de deportes e conta con dous estudio, o do Telenotícies e outro multiusos onde se emiten os programas en directo como Els matins. Por outra banda, desde o CPA (centro de produción de audiovisual) realízanse e emiten os programas de entretemento. Así mesmo, a cadea posúe un centro de produción na veciña localidade de L'Hospitalet de Llobregat, onde roda producións de ficción como a serie El cor de la ciutat.

Canles [editar]

Televisió de Catalunya conta con seis canles. Todas elas emiten integramente en catalán, aínda que hai emisións en aranés nas desconnexiones para o Val de Arán.

Canle Temática Primeira emisión
TV3
Tv3 logo2005.jpg
Xeneralista 10 de setembro de 1983
El 33
20080803-Canal 33.JPG
Cultural e divulgativa 23 de abril de 1988
3/24
Canal 3-24 de TVC.jpg
Información 24 horas 11 de setembro de 2003
Canal Super3 Infantil 18 de outubro de 2009
3XL Xuvenil 19 de setembro de 2010
Esport 3 Deportiva 22 de outubro de 2010
TV3CAT
Tv3catlogo.png
Fóra de Cataluña 10 de setembro de 1995
TV3HD
TV3HD logo2007-1-.png
Contido en alta definición 23 de abril de 2007


Canles antigas [editar]

Canle Temática Primeira emisión Última emisión
K3 Infantil e xuvenil 23 de abril de 2001 18 de outubro de 2009
300 Series e películas 23 de novembro de 2005 19 de setembro de 2010


Directores de TVC [editar]

Canle Descrición
1983-1984 Alfons Quintà
1984-1989 Enric Canals
1989-1995 Jaume Ferrús
1995-2001 Lluis Oliva
2000-2002 Miquel Puig
2002-2004 Joan Oliver
2004-2008 Francesc Escribano
2008-presente Mónica Terribas


Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]