Zona especial de conservación de Carballido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°17′08″N 7°09′08″O / 43.285600, -7.152300

Carballido
Fragas do Carballido.
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC
Ano de constitución: Decembro de 2004
Superficie: 4827.93 ha.
Lexislación: LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 31 de marzo de 2014.[1][2][3]
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Lugo
Concellos: A Fonsagrada, A Pontenova, Ribeira de Piquín.
Ríos: río Rodil
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

O Carballido é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe dúas fragas separadas nas cuncas altas do río Eo e que son fragas antigas e de barranco. Esta área de conservación ocupa 4.828 ha. dos concellos da Pontenova, Ribeira de Piquín e A Fonsagrada. A área ao norte compóñena as fragas das Reigadas e do Sanxés. A área do sur está no río Rodil, un afluente importante do río Eo, e rodea ao ZEC río Eo.[1][2][3][4][5]

Fauna e flora[editar | editar a fonte]

Flora[editar | editar a fonte]

Nos barrancos dos ríos Rodil e os regatos que chegan a este abundan as carballeiras de Quercus robur, con algunhas pezas do carballo Quercus pyrenaica e de castiñeiros (Castanea sativa). Nos terreos altos dominan os prados e pastos e os bidueiros de Betula celtiberica. Entre a demais flora destaca a presenza de Narcissus asturiensis e Vandenboschia speciosa.[4][5]

Fauna[editar | editar a fonte]

O lobo, Canis lupus, ten unha presenza relevante.[4][5]

En canto aos endemismos, alí habitan varios quirópteros, a Chioglossa lusitanica, as lagartass Lacerta schreiberii e Iberolacerta monticola e os mamíferos acuáticos das londras (Lutra lutra)) e as toupas de río (Galemys pyrenaicus).[4]

As especies da fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:[4][5]

Grupo Especie
Invertebrados Cerambyx cerdo
Invertebrados Euphydryas aurinia
Invertebrados Geomalacus maculosus
Invertebrados Gomphus graslinii
Invertebrados Lucanus cervus
Invertebrados Macromia splendens
Invertebrados Oxygastra curtisii
Peixes Chondrostoma polylepis
Peixes Rutilus arcasii
Anfibios Chioglossa lusitanica
Anfibios Discoglossus galganoi
Réptiles Lacerta schreiberi
Mamíferos Barbastella barbastellus
Mamíferos Galemys pyrenaicus
Mamíferos Lutra lutra
Mamíferos Myotis emarginatus
Mamíferos Myotis myotis
Mamíferos Rhinolophus ferrumequinum
Mamíferos Rhinolophus hipposideros

Lexislación[editar | editar a fonte]

O Carballido foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014. O espazo natural forma parte da Reserva da Biosfera Reserva da biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón.[4]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 BOE - Goberno de España, eds. (29/12/2004). "Decisión de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032].". Diario Oficial de la Unión Europea: L 387/1–96. 
  2. 2,0 2,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 31 de marzo de 2014). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia." (62): 13.427. 
  3. 3,0 3,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais." (69): 5.046. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1120006 - Carballido". Consultado o 24/8/2019. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "Natura 2000 Standard data form: Carballido". Consultado o 24/8/2019.