Zona especial de conservación do Río Eo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°31′15″N 7°02′44″O / 43.520800, -7.045500

Río Eo
Cabeceira do río Rodil, en Veiga de Logares na Fonsagrada.
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC
Ano de constitución: Decembro de 2004
Superficie: 982.06 ha. (12% de área mariña)
Lexislación: LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 31 de marzo de 2014.[1][2][3]
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Lugo
Concellos: A Fonsagrada, Meira, A Pontenova, Ribadeo, Ribeira de Piquín, Riotorto e Trabada.
Ríos: río Eo, río Rodil
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

Zona especial de conservación do Río Eo é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe fundamentalmente a cunca do río Eo, desde o seu nacemento e a afluentes como o río Rodil ata as marismas da ría de Ribadeo. Esta área de conservación ocupa 982 ha. dos concellos lucenses da Fonsagrada, Ribeira de Piquín, Meira, A Pontenova, Riotorto, Trabada e Ribadeo.[1][2][3][4][5]

Fauna e flora[editar | editar a fonte]

Os hábitats que protexe este espazo son os leitos e zonas húmidas dos ríos Eo e Rodil, inda que destaca pola variedade de hábitats mariños e costeiros.[4]

Flora[editar | editar a fonte]

Nas zonas húmidas dos ríos destaca a alta variedade hábitats e a presenza de coídos con vexetación perenne, que son infrecuentes. Na costa destacan os queirogais secos de Erica vegans, as matogueiras de Laurus nobilis e turbeiras calcárias.[4]

As especies da flora catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:[4]

Especie
Cryphaea lamyana
Limonium dodartii
Limonium humile
Narcissus asturiensis
Vandenboschia speciosa
Woodwardia radicans

Fauna[editar | editar a fonte]

No río o salmón é abundante e está presente a ameixa perlífera de río, o que indica a conservación deste. Destacan entre os réptiles especies como Chioglossa lusitanica, Lacerta schreiberi e Iberolacerta monticola.[4] No intermareal, os fangos e as areosas son espazo de parada invernal para as aves invernais.[4]

As especies de fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:[4]

Grupo Especie
Invertebrados Anodonta cygnea
Invertebrados Austropotamobius pallipes
Invertebrados Echinus esculentus
Invertebrados Elona quimperiana
Invertebrados Geomalacus maculosus
Invertebrados Ameixa perlífera de río (Margaritifera margaritifera)
Invertebrados Unio pictorum
Peixes Alosa alosa
Peixes Gasterosteus gymnurus
Peixes Petromyzon marinus
Anfíbios Chioglossa lusitanica
Anfíbios Hyla arborea
Anfíbios Rana iberica
Anfíbios Rana temporaria subsp. parvipalmata
Aves Haematopus ostralegus
Aves Phalacrocorax aristotelis
Mamíferos Galemys pyrenaicus
Mamíferos Myotis emarginatus
Mamíferos Myotis myotis
Mamíferos Rhinolophus ferrumequinum
Mamíferos Rhinolophus hipposideros

Lexislación[editar | editar a fonte]

O río Eo foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014. O espazo natural foi declarado ademais, na súa totalidade ou coincidindo en parte, como:[4]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 BOE - Goberno de España, eds. (29/12/2004). "Decisión de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032].". Diario Oficial de la Unión Europea: L 387/1–96. 
  2. 2,0 2,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 31 de marzo de 2014). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia." (62): 13.427. 
  3. 3,0 3,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais." (69): 5.046. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1120002 Río Eo". Consultado o 24/8/2019. 
  5. "Río Eo". Consultado o 24/8/2019.