Yulian Sas-Kuilovskyi
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1 de maio de 1826 Koniushki-Korolivski |
| Morte | 4 de maio de 1900 Lviv |
| Lugar de sepultura | cemiterio de Lychakiv 49°50′00″N 24°03′12″L / 49.83336, 24.05328 |
| 28 de novembro de 1899 – | |
| Arcebispo católico | |
| 19 de xuño de 1899 – ← Sylvestr Sembratovych – Andrei Sheptytskyi → Diocese: arquieparquía de Lviv | |
| Membro da Dieta de Galitzia e Lodomeria | |
| 1892 – 1900 | |
| Bispo diocesano | |
| 3 de agosto de 1891 – ← Yulian Pelesh (en) | |
| Bispo auxiliar | |
| 26 de xuño de 1890 – Diocese: arquieparquía de Przemyśl-Varsovia | |
| Bispo titular | |
| 26 de xuño de 1890 – Diocese: Hephaestus (en) | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica bizantina ucraína |
| Educación | Universidade de Lviv |
| Actividade | |
| Ocupación | bispo católico (1890–), sacerdote católico (1854–), político |
| Consagración | Sylvestr Sembratovych |
| Descrito pola fonte | Polski Słownik Biograficzny |
Yulian Sas-Kuilovskyi (en ucraíno: Юліан Сас-Куїловський, en polaco: Julian Kuiłowski), nado o 1 de maio de 1826 en Koniushky-Korolivski (entón parte do Reino de Galicia e Lodomeria, actual Ucraína) e finado o 4 de maio de 1900 en Lviv, foi metropolita de Lviv e primado da Igrexa Católica Bizantina Ucraína entre 1899 e 1900.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Yulian Sas-Kuilovskyi naceu o 1 de maio de 1826 en Koniushky-Korolivski,[1][2] unha vila do distrito de Sambir, entón parte do Reino de Galicia e Lodomeria, no Imperio Austríaco. O 1 de abril de 1854 foi ordenado sacerdote.[2]
O 26 de xuño de 1890 foi nomeado bispo auxiliar de Przemyśl, Sambor e Sanok e bispo titular de Hephaestus.[2] Recibiu a consagración episcopal o 17 de agosto de mans do arcebispo de Lviv Sylvestr Sembratovych, sendo os co-consagradores principais Łukasz Solecki, bispo latino de Przemyśl, Yulian Pelesh, bispo de Ivano-Frankivsk, e Jacobus Glazer, bispo auxiliar de Przemyśl.
O 3 de agosto de 1891 foi nomeado bispo de Ivano-Frankivsk,[2] recibindo a confirmación o 29 de setembro.[2] O 19 de xuño de 1899 foi elixido para dirixir a Igrexa Católica Bizantina Ucraína como metropolita de Lviv,[2] o que foi confirmado polo papa o 30 de agosto,[2] mais finou ao ano seguinte en Lviv, o 4 de maio de 1900.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Гаюк, Володимир Васильович (1992). Галицькі митрополити (en ucraniano). Lviv: Lohos. p. 84. ISBN 9785770713428.
Юліян Куїловський прийшов на світ 1 травня 1826 року в сім'ї отця Венедикта, пароха Конюшок Королівських [...]
- 1 2 3 4 5 6 7 8 Blazejowskyj, Dmytro (1990). Hierarchy of the Kyivan Church (861-1990). Roma: Editiones Universitatis Catholicae Ucrainorum S. Clementi Papae. p. 181. OCLC 22834909.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Nazarko, Irynei-Ivan Ivanovych (1959). Metropolitan Julian Sas-Kuilovsky, 1826-1900. Shevchenko Scientific Society. OCLC 47441344.