Jazafat Bulhak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ігнаці Язафат Булгак
Ihnaci Jazafat Bulhak
Jozafat Bułhak.PNG
Metropolita da Igrexa católica bizantina ucraína
Biografía
Nacemento20 de abril de 1758 en Condado de Slonim, Lituania (hoxe Belarús)
Pasamento25 de febreiro de 1838 en San Petersburgo
Metropolita de Kiev, Galicia e toda a Rus
1818 - 1838
PredecesorHryhorii Kokhanovych
SucesorLiubomyr Huzar
(1995, exarca arquiepiscopal)
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Jazafat Bulhak (en belaruso: Язафат Булгак; en ucraíno: Йосафат Булгак, tr."Yosafat Bulhak"; en polaco: Jozafat Bułhak), nado como Ihnaci (en belaruso: Ігнаці) o 20 de marzo de 1758 en Belarús, e finado o 25 de febreiro de 1838 en San Petersburgo, foi un eclesiástico grecocatólico belaruso, metropolita de Kiev, Galicia e toda a Rus dende 1818 até o seu pasamento.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ihnaci Bulhak naceu o 20 de marzo de 1758 no condado de Slonim, no Gran Ducado de Lituania (hoxe distrito de Slonim, rexión de Hrodna, Belarús), nunha familia nobre.[1] Entrou nos basilianos, e a partir de 1783 estudou en Roma, doutorándose en Teoloxía e Dereito canónico en 1785.[1][2]

O 27 de marzo de 1785 foi ordenado sacerdote da Orde de San Basilio Magno.[1][2] Á súa volta, foi predicador no mosteiro basiliano de Vilnius.[2] En 1786 o bispo Joachim Horbacki solicitou que fose nomeado coadxutor con dereito de sucesión.[2] O 24 de abril de 1787 foi nomeado bispo coadxutor de Pinsk e Turaŭ.[1] Recibiu a consagración episcopal o 26 de setembro de 1790 en Varsovia, de mans do metropolita de Kiev Teodosii Rostotskyi.[2] O 12 de outubro de 1798 foi nomeado bispo de Volodymyr e Brest.[1]

O 22 de setembro de 1818 foi nomeado metropolita de Kiev, dirixindo a Igrexa grecocatólica nos territorios baixo dominio ruso.[1] En 1827 Iosif Semashko preparou un memorial con propostas para integrar de xeito gradual aos greco-católicos na Igrexa ortodoxa, e ditas medidas foron aprobadas polo emperador Nicolao I.[1] En 1833, logo do pasamento de Yakiv Martushevych, o 17 de abril Bulhak foi nomeado arcebispo de Polack e Viciebsk.[1]

O 25 de maio de 1835 foi estabelecido o Comité Segredo para os Asuntos Uniatas polo ministro de interior Dmitrii Bludov, composto por políticos, bispos ortodoxos, e os propios Bulhak e Semashko, aínda que o primeiro non tivo participación nel.[1] O Comité aprobou medidas adicionais para a integración forzosa dos greco-católicos na Igrexa ortodoxa, como o ensino do catecismo ortodoxo nos seminarios greco-católicos e a subordinación dos seminarios á Comisión de Escolas Teolóxicas do Sínodo da Igrexa ortodoxa rusa.[1]

Finou o 23 de febreiro de 1838 en San Petersburgo.[1] O 3 de marzo de 1838 Semashko asumiu o goberno dos greco-católicos, que foron finalmente integrados na ortodoxia no sínodo de Polack de 1839.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 Петрушко, В. И. (2002). "БУЛГАК, Игнатий [в монашестве Иосафат]". Православная энциклопедия 6. Moscova: Церковно-научный центр «Православная энциклопедия». pp. 336–337. ISBN 9785895720103. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Falkowski, Czesław (1937). "Bułhak Ignacy Jozafat". Polski Słownik Biograficzny 3. Cracovia. pp. 127–129. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Hryhorii Kokhanovych
 Metropolita de Kiev, Galicia e toda a Rus 
1818 - 1838
Sucesor:
Liubomyr Huzar
(1995, exarca arquiepiscopal)
Predecesor:
Yakiv Martushevych
 Arcebispo de Polatsk e Viciebsk 
1833 - 1838
Sucesor:
(supresión da sé)