Saltar ao contido

Arquidiocese católica latina de Przemyśl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Diocese católica latina de Przemyśl»)
Modelo:Xeografía políticaArquidiocese católica latina de Przemyśl
Imaxe

Localización
Mapa
 49°46′52″N 22°46′05″L / 49.7811, 22.7681
Poboación
Poboación814.000 (2019) Editar o valor en Wikidata (83,49 hab./km²)
Lingua usadalingua polaca Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie9.750 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación25 de marzo de 1992 Editar o valor en Wikidata
CatedralCathedral of Przemyśl (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Sitio webprzemyska.pl Editar o valor en Wikidata
Facebook: arch.przemyska Editar o valor en Wikidata

A arquidiocese de Przemyśl é unha sé metropolitana da Igrexa Católica de rito latino. No ano 2004 contaba con 763.352 bautizados sobre un total de 780.000 habitantes. O arcebispo actual é, dende 1993, Józef Michalik.

Territorio

[editar | editar a fonte]

A arquidiocese comprende a parte suroriental do Voivodato de Subcarpacia. A sé arquiepiscopal é a cidade de Przemyśl, onde se atopa a catedral dedicada á Asunción da Virxe María e a San Xoán Bautista.

O territorio está subdividido en 41 decanatos e en 383 parroquias.

A diocese de Przemyśl foi erixida en abril de 1340. O 13 de febreiro de 1375 o papa Gregorio XI coa bula Debitum pastoralis elevou a sé de Halyč ao rango de metrópole, e lle asignou Przemyśl como diocese sufragánea. A comezos do século XV a sé de Halyč foi trasladada a Lviv, mantendo Przemyśl como sufragánea.

En 1772 o territorio da diocese pasou a formar parte do Imperio Austríaco e sufriu a política de inxerencia nos asuntos relixiosos coñecida co nome de xosefinismo, que levou á clausura de 31 mosteiros e dos seminarios diocesanos (o seminario foi reaberto en 1819).

Durante a segunda guerra mundial a diocese e os seus habitantes sufriron primeiro a ocupación soviética (1939-1941) e despois a alemá (1941-1944). Neste período foron arrestados 90 sacerdotes. Co fin da guerra, logo da revisión da fronteira entre a Unión Soviética e Polonia, a diocese perdeu arredor da terceira parte do seu territorio, e os polacos que alí residían foron trasladados á parte occidental. Despois de 1945 foron pechados todos os mosteiros e confiscados moitos dos edificios das institucións e parroquias católicas, así como as propiedades da diocese.

En marzo de 1992, coa reorganización das dioceses polacas polo papa Xoán Paulo II coa bula Totus tuus Poloniae populus, cedeu parte do seu territorio para erixir a diocese de Rzeszów e ao mesmo tempo foi elevada ao rango de arquidiocese metropolitana.

Episcopoloxio

[editar | editar a fonte]

Bispos de Przemyśl

[editar | editar a fonte]

Arcebispos de Przemyśl

[editar | editar a fonte]

En 1992 a sé foi elevada a arquidiocese. Dende entón, os arcebispos de Przemyśl teñen sido os seguintes:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]