Ryhor Kachanovič
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1750 (<1750) Šypiany, Belarús, presumiblemente |
| Morte | 1814 Жидичин, Ucraína |
| Arcebispo católico | |
| 1810 – ← Herakliusz Lissowski (en) | |
| Bispo diocesano | |
| 1809 – Diocese: eparquía de Vilno | |
| Bispo diocesano | |
| 1807 – ← Stefan Lewiński (en) Diocese: Eparquia uniata de Lutsk e Ostrog (pt) | |
| Bispo auxiliar | |
| 20 de agosto de 1798 – Diocese: arquieparquía de Polack | |
| Metropolitano de Kíiv | |
| | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica e Metrópole de Kíiv, Galicia e toda a Rus |
| Actividade | |
| Ocupación | bispo católico (1807–), sacerdote católico |
| Consagración | Herakliusz Lissowski (en) |
Ryhor Kachanovič[1] (en belaruso: Рыгор Кахановіч; en ucraíno: Григорій Коханович, tr."Hryhorii Kokhanovych"; en polaco: Grzegorz Kochanowicz), nado antes de 1750 en Belarús e finado en 1814, foi un eclesiástico grecocatólico belaruso, metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus dende 1809 até o seu pasamento.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no Gran Ducado de Lituania (hoxe Belarús) antes de 1750. Estudou Teoloxía en Vilnius e foi ordenado sacerdote. Segundo un informe de Jazafat Bulhak a Propaganda Fide, Lisoŭski lle nomeou bispo auxiliar de Polack e bispo titular de Orša o 20 de agosto de 1978.[2]
En 1807 foi nomeado bispo de Lutsk-Ostroh,[2] recibindo a consagración episcopal o 11 de abril de mans do metropolita Iraklij Lisoŭski. En 1809 foi nomeado bispo de Vilnius, eparquía creada no mesmo ano, e o 3 de outubro de 1809 metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus.[2] O 5 de xaneiro de 1810 emitiu unha epikeia[3] en San Petersburgo e enviouna a Roma, na que declaraba que como lle era imposíbel obter a confirmación da Santa Sé, comezaba a súa xurisdición como metropolita sen ela, aínda que nela declaraba a súa adhesión á Igrexa.[2]
O 13 de xaneiro de 1811 consagrou tres bispos en Vilnius: Jan Krassowski como arcebispo de Polack, Adriian Holovnia como bispo auxiliar de Vilnius, e Leon Ludwik Jaworowski como bispo auxiliar de Brest; para a consagración do primeiro contou coa asistencia de dous bispos latinos,[2] o bispo de Minsk Jakub Ignacy Dederko e o bispo auxiliar de Mahilioŭ Cyprian Odyniec. Kachanovič finou en 1814 sen ter recibido resposta, por mor das guerras napoleónicas.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]
| Dignidades da Igrexa católica | ||
|---|---|---|
| Predecesor: Iraklij Lisoŭski |
Metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus 1809 - 1814 |
Sucesor: Jazafat Bulhak |