Teodosii Rostotskyi
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1725 Condado de Słonim |
| Morte | 25 de xaneiro de 1805 San Petersburgo |
| Metropolitano de Kíiv | |
| 1 de novembro de 1788 – 25 de xaneiro de 1805 ← Yason Smohozhevskyi – Herakliusz Lissowski (en) | |
| Bispo diocesano | |
| 2 de xullo de 1784 – 4 de abril de 1790 ← Maksymilian Ryłło – Porfiriusz Skarbek-Ważyński (en) Diocese: Eparquia uniata de Chełm (pt) | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica e Metrópole de Kíiv, Galicia e toda a Rus |
| Educación | Pontificio Colexio Grego de San Atanasio |
| Actividade | |
| Ocupación | bispo católico (1785–), sacerdote católico (1753–) |
| Membro de | |
| Consagración | Yason Smohozhevskyi |
| Familia | |
| Familia | Q111534148 |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Dicionario Biográfico Ruso |
Teodosii Rostotskyi (en ucraíno: Теодосій Ростоцький; en polaco: Teodozy Rostocki; en belaruso: Феадосій Растоцкі), nado en 1725 e finado o 25 de xaneiro de 1805 en San Petersburgo (Imperio Ruso), foi un eclesiástico grecocatólico ruteno, metropolita de Kíiv e Galicia e toda a Rus dende 1788 até a súa morte.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tivo unha vocación temperá, ingresando arredor dos 14 anos na Orde de San Basilio Magno. O 4 de decembro de 1753 foi ordenado sacerdote de dita orde.
O 2 de xullo de 1784 foi nomeado bispo de Chełm, e ao mes seguinte, o 2 de agosto, arcebispo coadxutor de Kíiv. Recibiu a consagración episcopal o 19 de xuño de 1785 de mans do metropolita Yason Smohozhevskyi, e tendo como principais co-consagrantes ao bispo de Lutsk e Ostroh Kypriian Stetskyi e ao bispo auxiliar da diocese latina de Lutsk Jan Chryzostom Kaczkowski.
O 1 de novembro de 1788 sucedeu a Yason Smohozhevskyi como metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus. Renunciou ao goberno da eparquía de Chełm en 1790.
Finou no cargo o 25 de xaneiro de 1805.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Назарко, Іриней-Іван Іванович (1962). Київські і Галицькі митрополити: біографічні нариси (1590-1960). Analecta OSBM. Serie 2. Sectio 1. Roma. OCLC 54007358.
| Dignidades da Igrexa católica | ||
|---|---|---|
| Predecesor: Maksymiliian Rylo |
Bispo de Chełm 1784 - 1790 |
Sucesor: Porfyrii Skarbek-Vazhynskyi |
| Predecesor: Yason Smohozhevskyi |
Metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus 1788 - 1805 |
Sucesor: Iraklii Lisovskyi (metropolita de Kíiv e toda a Rus) Antin Anhelovych (metropolita de Galicia) |