Sylvestr Sembratovych
Сильвестр Сембратович (Sylvestr Sembratovych) | |
---|---|
![]() | |
Metropolita da Igrexa Católica Bizantina Ucraína | |
Biografía | |
Nacemento | 3 de setembro de 1836 en Desznica |
Pasamento | 4 de agosto de 1898 en Lviv |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 1 de novembro de 1860 |
Consagración episcopal | 20 de abril de 1879, por Yosyf Sembratovych |
Creado cardeal | 29 de novembro de 1895, por León XIII |
Metropolita de Lviv | |
1885 - 1898 | |
Predecesor | Yosyf Sembratovych |
Sucesor | Yulian Sas-Kuilovskyi |
Outros | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
Sylvestr Sembratovych (en ucraíno: Сильвестр Сембратович, en polaco: Sylwester Sembratowycz), nado o 3 de setembro de 1836 en Desznica (entón parte do Reino de Galicia e Lodomeria, actual Polonia) e finado o 4 de agosto de 1898 en Lviv, foi metropolita de Lviv e primado da Igrexa Católica Bizantina Ucraína entre 1885 e 1898.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Sylvestr Sembratovych naceu o 3 de setembro de 1836 en Desznica, unha vila entón parte do Reino de Galicia e Lodomeria, no Imperio Austríaco.
O 1 de novembro de 1860 foi ordenado sacerdote.
O 28 de febreiro de 1879 foi nomeado bispo auxiliar de Lviv e bispo titular de Iuliopolis. Recibiu a consagración episcopal o 20 de abril de mans do metropolita de Lviv Yosyf Sembratovych.
O 12 de febreiro de 1885 foi elixido para dirixir a Igrexa Católica Bizantina Ucraína como metropolita de Lviv. O 29 de novembro de 1895 o papa León XIII creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de Santo Stefano al Monte Celio.
Finou en Lviv o 4 de agosto de 1898.