Andrei Sheptytskyi
Andrei Sheptytskyi (en ucraíno: Андрей Шептицький), nado o 29 de xullo de 1865 en Prylbychi (entón parte do Reino de Galicia e Lodomeria, actual Ucraína) e finado o 1 de novembro de 1944 en Lviv, foi arcebispo de Lviv e metropolita de Galicia, e primado da Igrexa católica bizantina ucraína entre 1900 e 1944.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Roman Mariia Aleksandr Sheptytskyi naceu o 29 de xullo de 1865 en Prylbychi,[1] unha vila do distrito de Yavoriv, entón parte do Reino de Galicia e Lodomeria, no Imperio Austríaco. A súa familia era da nobreza católica polaca, aínda que tamén con ascendencia ortodoxa ucraína.[1]
Sheptytskyi estudou Leis en Cracovia e Wrocław, doutorándose en 1888, e posteriormente entrou nun mosteiro basiliano, tomando o nome monástico de Andrei.[1] O 28 de agosto de 1892 foi ordenado sacerdote da Orde de San Basilio Magno, e continuou a estudar Teoloxía cos xesuítas en Cracovia, doutorándose en 1894.[1]
O 19 de xuño de 1899 foi nomeado bispo de Ivano-Frankivsk. Recibiu a consagración episcopal o 17 de setembro de mans do arcebispo de Lviv Yulian Sas-Kuilovskyi,[1] sendo os co-consagradores principais Kostiantyn Chekhovych, bispo de Przemyśl, e Joseph Weber, bispo auxiliar de Lviv.
O 31 de outubro de 1900 foi elixido para dirixir a Igrexa Católica Bizantina Ucraína, sendo confirmado o 17 de decembro de 1900 como arcebispo de Lviv e metropolita de Galicia.[1]
Durante a primeira guerra mundial foi arrestado polos rusos por mor da súa nacionalidade austro-húngara, até que foi liberado en 1918 como consecuencia da revolución soviética.[1]
Finou en Lviv o 4 de novembro de 1944.
O 16 de xullo de 2015 foi declarado venerable polo papa Francisco.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Andrei Sheptytskyi |
A Galicitas posúe citas sobre: Andrei Sheptytskyi |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Chirovsky, Andriy (1992). Pray for God's Wisdom: The Mystical Sophiology of Metropolitan Andrey Sheptytsky. Institute of Eastern Christian Studies. ISBN 9781895937008.
- Galadza, Peter (2004). The Theology and Liturgical Work of Andrei Sheptytsky (1865-1944). Pontificio Instituto Oriental. ISBN 9788872103456.
- Kaszczak, Ivan (2015). Metropolitan Andrei Sheptytsky and the Establishment of the Ukrainian Catholic Church in the United States. Basilian Press. ISBN 9780921537953.
- Krawchuk, Andrii (1997). Christian Social Ethics in Ukraine: The Legacy of Andrei Sheptytsky. Canadian Institute of Ukrainian Studies Press. ISBN 9781895571134.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Yulian Sas-Kuilovskyi |
Bispo de Stanislaviv 1899 – 1900 |
Sucesor: Hryhorii Khomyshyn |
Predecesor: Yulian Sas-Kuilovskyi |
Arcebispo de Lviv e Metropolita de Galicia 1900 – 1944 |
Sucesor: Yosyf Slipyi |