Varlaam Sheptytskyi
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de febreiro de 1647 Voshchantsi (en) |
Morte | 27 de maio de 1715 (68 anos) Univ, Ucraína (en) |
Lugar de sepultura | Catedral de San Xurxo 49°50′19″N 24°00′46″L / 49.83864, 24.01278 |
Bispo diocesano | |
30 de outubro de 1709 – ← Yurii Vynnytskyi – Atanasii Sheptytskyi → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica bizantina ucraína |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1710–), sacerdote católico (1668–) |
Consagración | Yurii Vynnytskyi |
Familia | |
Familia | House of Szeptycki (en) |
Varlaam Sheptytskyi (en ucraíno: Варлаам Шептицький; en polaco: Barlaam Szeptycki), nado como Vasyl Sheptytskyi (en ucraíno: Василь Шептицький; en polaco: Bazyli Szeptycki) o 3 de febreiro de 1647 en Voshchantsi (hoxe Ucraína) e finado o 5 de abril de 1715, foi un eclesiástico greco-católico, bispo de Lviv dende 1710 até o seu pasamento.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Vasyl Sheptytskyi naceu o 3 de febreiro de 1647 en Voshchantsi, fillo de Oleksandr Zakharii Sheptytskyi e de Eva, de apelido de solteira Litynskyi.[1] Foi educado nunha escola católica, e en 1664 entrou no skit de Maniava onde foi tonsurado monxe e tomou o nome de Varlaam.[1] O 26 de febreiro de 1668 foi elixido arquimandrita do mosteiro de Univ, e dita elección foi aprobada polo rei Xoán II Casimiro o 19 de marzo.[1] En 1701 foi abade do mosteiro de Vitsyn.[1] Foi amigo do voivoda Adam Mikołaj Sieniawski.[1]
Xunto ao bispo Yosyf Shumlianskyi participou activamente a prol da Unión de Brest na eparquía de Lviv. Tomou parte no coloquio de Lublin de 1680, e o 26 de marzo de 1681 fixo unha confesión de fe católica xunto con outros sacerdotes no Sejm.[1]
Foi elixido bispo de Lviv o 21 de xaneiro de 1710, e o 15 de xuño foi consagrado polo metropolita Yurii Vynnytskyi.[1] Finou o 5 de abril de 1715 e foi enterrado na catedral de san Xurxo de Lviv.[1]