Irynei-Ivan Ivanovych Nazarko
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 7 de xullo de 1905 Tovstoluh |
| Morte | 20 de abril de 1976 Ottawa |
| Relixión | Igrexa católica |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Ministerio eclesiástico, historia do cristianismo, pedagoxía e filosofía |
| Ocupación | historiador, xornalista de opinión, profesor universitario, historiador da igrexa, Q137342812 |
| Empregador | Universidade de Montreal |
| Membro de | |
| Orde relixiosa | Orde de San Basilio Magno |
Irynei-Ivan Ivanovych Nazarko (en ucraíno: Іриней-Іван Іванович Назарко), nado o 7 de xullo de 1905 en Tovstoluh (hoxe Ucraína) e finado en Ottawa o 20 de abril de 1976, foi un sacerdote grecocatólico ucraíno, académico e teólogo. Foi membro da Sociedade Científica Shevchenko dende 1954, e membro da Academia Libre Ucraína das Ciencias, da Sociedade Académica Teolóxica Ucraína e da Sociedade Histórica Ucraína.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu o 7 de xullo de 1905 en Tovstoluh (hoxe Ucraína).[1] Logo de graduarse no ximnasio en Ternopil, entrou no mosteiro de Krekhiv da Orde de San Basilio Magno,[1] e posteriormente graduouse polo seminario de Krystynopil.
O 30 de novembro de 1930 foi ordenado sacerdote,[1] e continuou os seus estudos en Viena e Innsbruck. Foi organizador (1932) da Sociedade Mariana de Lviv, e editor das súas publicacións.[1]
Entre 1941 e 1944 foi abade da Igrexa de San Onofrio de Lviv.[1]
Entre 1946 e 1948 viviu en Alemaña, e en 1948 emigrou ao Canadá.[1] Alí doutorouse en Filosofía na Universidade de Ottawa,[1] e posteriormente foi profesor de Historia da Igrexa nas universidades de Montreal e Ottawa.[1]
En 1953 trasladouse a Roma, onde formou parte da Curia Xeral da súa orde até 1963.[1] Entre 1954 e 1967 foi editor dos Analecta OSBM, e entre 1955 e 1967 reitor do Pontificio Colexio Ucraíno.[1] En 1967 volveu ao Canadá, onde foi párroco en Ontario até 1974, e asistente espiritual para os basilianos na Universidade Católica de Ottawa.[1]
Obra
[editar | editar a fonte]- Клим Смолятич і його послання [Klym Smoliatych e a súa mensaxe]. 1952.
- Святий Володимир Великий [San Vladimiro o Grande]. 1954.
- Папа Іннокентій ХІ і Україна [O papa Inocencio XI e Ucraína]. 1957.
- Київські і Галицькі Митрополити [Metropolitas de Kiev e Galicia]. 1962.
- Роля козаків під Віднем [O papel dos cosacos arredor de Viena]. 1969.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Volodymyr Kubiiovych, Danylo Huzar-Struk, ed. (1993). Encyclopedia of Ukraine (en inglés) 3. University of Toronto Press. p. 569. ISBN 9780802033628.
Nazarko, Irynei
- Nados en 1905
- Nados na rexión de Ternopil
- Finados en 1976
- Relixiosos católicos de Ucraína
- Relixiosos católicos do Canadá
- Basilianos de San Xosafat
- Sacerdotes da Igrexa católica bizantina ucraína
- Sacerdotes católicos de Ucraína
- Sacerdotes católicos do Canadá
- Historiadores de Ucraína
- Profesores da Universidade de Ottawa
- Profesores da Universidade de Montreal
- Sacerdotes católicos do século XX