Yurii Vynnytskyi
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 24 de xullo de 1660 Przemyśl |
| Morte | 22 de setembro de 1713 Strashevychi |
| Arcebispo católico | |
| 7 de maio de 1710 – ← Lev Zalenskyi – Leon Kiszka → | |
| Administrador apostólico | |
| 28 de agosto de 1708 – 1710 – Varlaam Sheptytskyi → Diocese: arquieparquía de Lviv | |
| Bispo diocesano | |
| 12 de abril de 1700 – ← Jan Malachowski (en) Diocese: arquieparquía de Przemyśl-Varsovia | |
| Arcebispo metropolitano | |
| Metropolitano de Kíiv | |
| Q1339318 | |
| | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica, Igrexa ortodoxa e Metrópole de Kíiv, Galicia e toda a Rus |
| Actividade | |
| Ocupación | bispo católico (1700–), sacerdote católico (1700–), escritor, administrador diocesano |
| Orde relixiosa | Orde de San Basilio Magno |
| Consagración | Lev Zalenskyi |
| Familia | |
| Familia | House of Winnicki (en) |
Yurii Vynnytskyi (en ucraíno: Юрій Винницький; en polaco: Jerzy Winnicki; en belaruso: Юрый Вінніцкі), nado o 24 de xullo de 1660 en Przemyśl (Rutenia, Coroa do Reino de Polonia) e finado o 22 de setembro de 1713 en Strashevychi, foi un eclesiástico grecocatólico ruteno, metropolita de Kíiv e Galicia e toda a Rus dende 1710 até a súa morte.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1691 aceptou a unión de Brest, pasando a estar en comuñón coa Igrexa Católica.
O 12 de abril de 1700 foi elixido bispo de Przemyśl, Sambor e Sanok, e no mesmo mes profesou na Orde de San Basilio Magno.
O 2 de maio de 1700 foi ordenado sacerdote polo bispo de Chełm Hedeon Voina-Oranskyi, e o 6 de xuño recibiu a consagración episcopal de mans do metropolita Lev Zalenskyi.
En 1707 foi nomeado administrador da eparquía de Mukacheve, o 14 de agosto de 1708 foi nomeado administrador das eparquías de Kíiv e de Volodymyr e Brest, e o 28 de agosto da de Lviv.
En 1710 renunciou como administrador de Mukacheve e de Lviv. O 7 de maio de 1710 foi elixido metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus. En 1711 renunciou como administrador de Volodymyr e Brest.
Finou no cargo o 22 de setembro de 1713.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Назарко, Іриней-Іван Іванович (1962). Київські і Галицькі митрополити: біографічні нариси (1590-1960). Analecta OSBM. Serie 2. Sectio 1. Roma. OCLC 54007358.
| Dignidades da Igrexa católica | ||
|---|---|---|
| Predecesor: Inokentii Vynnytskyi |
Bispo de Przemyśl 1700 - 1713 |
Sucesor: Lev Kyshka (administrador, 1713 - 1715) Yeronim Ustrytskyi (bispo) |
| Predecesor: Lev Zalenskyi |
Metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus 1710 - 1713 |
Sucesor: Lev Kyshka |