Lev Kyshka
Лев Кишка (Lev Kyshka) | |
---|---|
![]() | |
Metropolita da Igrexa Católica Bizantina Ucraína | |
Biografía | |
Nacemento | 1663 |
Pasamento | 19 de novembro de 1728 en Kupychiv, Voivodato de Volinia, Polonia |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 1687 |
Consagración episcopal | 15 de marzo de 1711, por Yurii Vynnytskyi |
Metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus | |
1714 - 1728 | |
Predecesor | Yurii Vynnytskyi |
Sucesor | Atanasii Sheptytskyi |
Outros | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
Lev II Kyshka (en ucraíno: Лев Кишка; en polaco: Lew Kiszka; en belaruso: Леў Кішка), nado c. 1663 en Kovel[1] (Voivodato de Volinia, Coroa do Reino de Polonia) e finado o 19 de novembro de 1728 en Kupychiv, foi un eclesiástico grecocatólico ruteno, metropolita de Kíiv e Galicia e toda a Rus dende 1714 até a súa morte.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Aos 24 anos, o 6 de decembro de 1687 foi ordenado sacerdote da Orde Basiliana de San Xosafat,[1] e posteriormente marchou a estudar a Roma no Colexio Urbaniano, onde estivo até 1691 que volveu ao seu país, onde exerceu o seu ministerio en varios mosteiros.[1]
Foi superior do mosteiro de Polack, e en 1698 foi elixido secretario xeral da súa orde, xunto ao superior, o protoarquimandrita Yoakym Kyshelych.[1] En 1703, no capítulo da orde reunido en Navahrudak entre o 28 de agosto e o 8 de setembro foi elixido protoarquimandrita e Superior Xeral da Orde por catro anos.[1] Foi un período difícil para a orde e para a igrexa oriental, por mor das persecucións no Tsarato ruso por parte do tsar Pedro I nas que morreron moitos basilianos.[1] En 1709 foi elixido novamente por outros catro anos.[1]
En 1711 foi nomeado bispo de Volodymyr-Brest, mais permanecendo como superior da orde até rematar os catro anos.[1] Recibiu a consagración episcopal o 15 de marzo de mans do metropolita de Kíiv Yurii Vynnytskyi.
Logo do pasamento de Vynnytskyi, o 24 de outubro de 1713 foi nomeado administrador da arquieparquía de Kíiv e da eparquía de Przemyśl, Sambor e Sanok.[2]
En 1714 foi elixido metropolita, e o 17 de setembro de 1714 foi confirmado polo papa e polo rei como metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus.[2] Ao ano seguinte, o 17 de decembro de 1715, deixou de ser administrador de Przemyśl ao consagrar a Yeronim Ustrytskyi como bispo diocesano.
Convocou un Sínodo en 1720 que completou a codificación da disciplina da Igrexa grecocatólica, acordou os libros litúrxicos e a catequese.[2] Os resultados do Sínodo foron confirmados en 1724 para toda a provincia eclesiástica de Kíiv. Enfermou en 1727 e comezou a buscar un bispo coadxutor. Inicialmente pensou no arcebispo de Polack, Floriian Hrebnytskyi, mais finalmente o elixido foi Atanasii Sheptytskyi.[2]
Finou no cargo, o 19 de novembro de 1728 en Kupychiv (Voivodato de Volinia).[2]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Назарко, Іриней-Іван Іванович (1962). Київські і Галицькі митрополити: біографічні нариси (1590-1960). Analecta OSBM. Serie 2. Sectio 1. Roma. OCLC 54007358.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Yurii Vynnytskyi (administrador, 1708-1711) Lev Zalenskyi (bispo, 1679-1708) |
Bispo de Volodymyr-Brest 1711 - 1728 |
Sucesor: Kornylii Stolpovytskyi-Lebetskyi
|
Predecesor: Yurii Vynnytskyi (bispo) |
Administrador apostólico de Przemyśl 1713 - 1715 |
Sucesor: Yeronim Ustrytskyi (bispo)
|
Predecesor: Yurii Vynnytskyi |
Metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus 1714 - 1728 |
Sucesor: Atanasii Sheptytskyi
|