Hryhorii Yakhymovych

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Григорій Яхимович
(Hryhorii Yakhymovych)
H jahymovych.jpg
Metropolita da Igrexa Católica Bizantina Ucraína
Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1792 en Pidhirtsi
Pasamento29 de abril de 1863 en Lviv
Ordes
Ordenación sacerdotal14 de setembro de 1816, por Mykhailo Levytskyi
Consagración episcopal21 de novembro de 1841, por Mykhailo Levytskyi
Arcebispo de Lviv e metropolita de Galicia
1859 - 1863
PredecesorMykhailo Levytskyi
SucesorSpyrydon Lytvynovych
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Hryhorii Yakhymovych (en ucraíno: Григорій Яхимович; en polaco: Grzegorz Jachimowicz), nado o 16 de febreiro de 1792[1][2] en Pidhirtsi[3] e finado o 29 de abril de 1863 en Lviv, foi un eclesiástico grecocatólico ruteno, arcebispo de Lviv e metropolita de Galicia dende 1859 até a súa morte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O 14 de setembro de 1816 foi ordenado sacerdote polo arcebispo de Lviv Mykhailo Levytskyi.

O 15 de xullo de 1840 foi nomeado bispo auxiliar de Lviv e bispo titular de Pompeiopolis in Cilicia. Recibiu a consagración episcopal o 21 de novembro de 1841 de mans do metropolita Mykhailo Levytskyi, e tivo como co-consagrantes principais ao arcebispo latino de Lviv František de Paula Pištěk, ao arcebispo armenio de Lviv Samuel Cyryl Stefanowicz, ao bispo de Przemyśl, Sambor e Sanok Ivan Snihurskyi, e ao bispo latino de Przemyśl Franciszek Ksawery Zachariasiewicz.

O 5 de setembro de 1848 foi nomeado bispo de Przemyśl, Sambor e Sanok.

O 5 de setembro de 1859 foi elixido arcebispo de Lviv. Foi confirmado o 23 de marzo de 1860. Finou no cargo tres anos despois, o 29 de abril de 1863.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ludwik Finkel, Stanisław Starzyński, ed. (1894). Historya Uniwersytetu lwowskiego 2. Nakł. Senatu akademickiego C.K. Uniwersytetu lwowskiego. p. 233. 
  2. A Bibliografia Polska indica que naceu o 6 de febreiro. Karol Estreicher, ed. (1874). "Bibliografia Polska: XIX. stólecia". Bibliografia Polska. 2 (G-L). p. 181. 
  3. Annuario pontificio per l'anno 1845. p. 140. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Ivan Snihurskyi
 Bispo de Przemyśl, Sambor e Sanok 
1848 - 1860
Sucesor:
Toma Polianskyi
Predecesor:
Mykhailo Levytskyi
 Arcebispo de Lviv e Metropolita de Galicia 
1859 - 1863
Sucesor:
Spyrydon Lytvynovych