Ihor Vozniak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ігор Возьняк
Ihor Vozniak
Vladyka Ihor Voz'nyak.jpg
Arcebispo da Igrexa Católica Bizantina Ucraína
Biografía
Nacemento3 de agosto de 1952 en Lypytsi, RSS de Ucraína
Ordes
Ordenación sacerdotal23 de novembro de 1980, por Volodymyr Sterniuk
Consagración episcopal17 de febreiro de 2002, por Liubomyr Huzar
Arcebispo de Lviv
2005 - actualidade
PredecesorLiubomyr Huzar
Outros
Coat of arms of Ihor Vozniak.svg
Escudo de Ihor Vozniak
Ficha en catholic-hierarchy.org

Ihor Vozniak (en ucraíno: Ігор Возьняк), nado en Lypytsi, RSS de Ucraína o 3 de agosto de 1952, é un eclesiástico católico ucraíno, dende 2005 arcebispo metropolita de Lviv dos ucraínos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ihor Vozniak naceu o 3 de agosto de 1952 en Lypytsi, no distrito de Mykolaiv da rexión de Lviv, na RSS de Ucraína.

En 1973 profesou en segredo como membro da Congregación do Santísimo Redentor en Lviv. Foi tamén en segredo ordenado sacerdote de dita congregación o 23 de novembro de 1980 por Volodymyr Sterniuk, bispo que exercía de cabeza da Igrexa Católica Ucraína na Unión Soviética cando Yosyf Slipyi estaba no exilio.

O 11 de xaneiro de 2002 foi nomeado bispo auxiliar de Lviv e bispo titular de Nisa in Lycia. Recibiu a consagración episcopal de mans do arcebispo maior de Lviv, Liubomyr Huzar, o 17 de febreiro do mesmo ano.

O 10 de novembro de 2005 foi nomeado arcebispo de Lviv.

Notas[editar | editar a fonte]


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Liubomyr Huzar
 Arcebispo de Lviv 
10 de novembro de 2005 - actualidade
Sucesor:
(No cargo)