Dmytro Blazheiovskyi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDmytro Blazheiovskyi
Biografía
Nacemento21 de agosto de 1910 Editar o valor em Wikidata
Wisłok Wielki, Polonia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte23 de abril de 2011 Editar o valor em Wikidata (100 anos)
Lviv, Ucraína Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaYanivsky cemetery (en) Traducir 49°51′03″N 23°59′35″L / 49.85083, 23.99317 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUcraína Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica bizantina ucraína Editar o valor em Wikidata
EducaciónPontificia Universidade Gregoriana
Pontificia Universidade Urbaniana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador Editar o valor em Wikidata
Premios

Dmytro Blazheiovskyi[1] (en ucraíno: Дмитро Блажейовський), nado o 21 de agosto de 1910 en Wisłok Wielki (Austria-Hungría) e finado o 23 de abril de 2011 en Lviv, foi un sacerdote greco-católico ucraíno, historiador e artista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Wisłok Wielki, na rexión de Lemkovina en Austria-Hungría (hoxe no voivodato de Subcarpacia en Polonia), fillo de Teodor e Anna Blazheiovskyi. Entre 1922 e 1930 estudou no ximnasio ucraíno de Przemyśl. Posteriormente, en 1933 marchou a estudar enxeñaría electrónica a Praga, dende onde peregrinou a pé a Roma. En Roma, baixo a guía de Teodosii Tyt Halushchynskyi, entrou no seminario.

Entre 1933 e 1946 estudou Filosofía, Teoloxía e Historia nas universidades pontificias Urbaniana e Gregoriana en Roma; durante a súa estancia alí foi ordenado sacerdote o 2 de abril de 1939. En 1942 doutorouse en Teoloxía pola Urbaniana e en 1946 en Historia pola Gregoriana.

Entre 1946 e 1973 exerceu o seu ministerio pastoral en varias parroquias da Igrexa católica bizantina ucraína nos Estados Unidos. En 1973 volveu a Roma, onde se dedicou á produción científica e á decoración de iconas.

Foi autor de 25 publicacións científicas sobre a historia de Igrexa e de Ucraína. Foi tamén coñecido polos seus bordados ucraínos en iconas e de estandartes, moitos deles en museos de todo o mundo ou empregados para fins litúrxicos. O 6 de maio de 1999 abriu en Lviv o museo de iconas bordadas de Dmytro Blazheiovskyi.

O 17 de agosto de 2006, o presidente de Ucraína Viktor Yushchenko condecorou a Blazheiovskyi coa Orde ao Mérito, III clase, "pola súa contribución significativa ao fortalecemento da autoridade internacional de Ucraína, pola difusión dos logros históricos e contemporáneos do pobo ucraíno, e a súa participación activa nas comunidades ucraínas da diáspora".[2]

Finou o 23 de abril de 2011 en Lviv, con 101 anos. Está enterrado no cemiterio de Yaniv.

Obra[editar | editar a fonte]

  • De potestate Metropolitarum Kiovensium Catholicorum in Clerum Regularem. Roma: Athenaeum Urbanianum. 1943. 
  • Ukrainian and armenian pontifical seminaries of Lviv (1665-1784). Roma: PP. Basiliani. 1973. 
  • Hierarchy of the Kyivan Church (861-1990). Roma: Editiones Universitatis Catholicae Ucrainorum S. Clementi Papae. 1990. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tamén romanizado como Dmytro Blažejovskyj, Dmytro Blazejowskyj.
  2. "УКАЗ ПРЕЗИДЕНТА УКРАЇНИ 684/2006: Про нагородження представників вітового українства з нагоди 15-ї річниці незалежності України" (en ucraíno). 17/08/2006. Consultado o 31/05/2017. За вагомий особистий внесок у зміцнення міжнародного авторитету України, популяризацію історичних та сучасних надбань українського народу, активну участь у житті закордонної української громади постановляю