Saltar ao contido

Ipatii Potii

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIpatii Potii

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de agosto de 1541 Editar o valor en Wikidata
Różanka Editar o valor en Wikidata
Morte8 de xullo de 1613 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Volodimir-Volinski Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCathedral of the Dormition, Volodymyr (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Arcebispo católico
26 de setembro de 1599 
 Cyryl TerleckiYosyf Rutskyi 
Bispo diocesano
19 de outubro de 1596 
 Joachim Morochowski
4º Castellan of Brest (en) Traducir
2 de decembro de 1588 – 8 de marzo de 1593 (promotion (en) Traducir)
 Krzysztof Zenowicz (en) TraducirGrigorijus Vaina (en) Traducir 
Q124289790 Traducir
3 de novembro de 1582 (Xuliano) – 1593 (dimisión)
2º Q65725889 Traducir
29 de abril de 1577 – 2 de decembro de 1588 (promotion (en) Traducir)
 Q122584703 TraducirQ67147054 Traducir 
1º Q65720465 Traducir
30 de abril de 1565 – 29 de abril de 1577 (promotion (en) Traducir)
 sen valor – Q67147054 Traducir 
Arcebispo metropolitano
Archimandrite of the Kiev-Piachersk Lavra (en) Traducir
Q1339318 Traducir
Metropolitano de Kíiv
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo ortodoxo, Igrexa católica, Metrópole de Kíiv, Galicia e toda a Rus e calvinismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Iaguelónica de Cracovia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMinisterio eclesiástico, Teologia da Igreja Ortodoxa Oriental (pt) Traducir e función pública Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Gran Ducado de Lituania Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbispo católico (1593–), sacerdote católico (1593–), escritor, monxe ortodoxo, sacerdote ortodoxo, teólogo, Q137342812 Traducir Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónMichał Rahoza Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaHouse of Pociej (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAnna, princess of Hołownia-Ostrożec (1561–1592), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
FillosKrzysztof Pociej, Q122702621, Q122748318, Piotr Pociej Editar o valor en Wikidata
PaisLew Patejewicz Tyszkowicz Editar o valor en Wikidata  e Hanna Lozchanka Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Dicionario Biográfico Ruso
Polski Słownik Biograficzny Editar o valor en Wikidata

Ipatii Potii (en ucraíno: Іпатій Потій; en polaco: Hipacy Pociej; en belaruso: Іпацій Пацей), nado o 12 de agosto de 1541 en Różanka e finado o 8 de xullo de 1613 en Vlodymyr-Volynskyi, foi un eclesiástico grecocatólico ucraíno, escritor, polemista e teólogo, que tivo un importante papel na Unión de Brest e que foi metropolita de Kíiv e Galicia dende 1599 até a súa morte en 1613.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Naceu o 12 de agosto de 1541 en Różanka,[1][2] no voivodato de Lublin, no seo dunha familia nobre.[1] A súa nai, logo de enviuvar arredor de 1550, casou co gobernador da rexión de Smolensk. O príncipe Mikołaj Radziwiłł encargouse da súa educación, e enviouno a unha escola calvinista[1] e posteriormente á Universidade Iaguelónica de Cracovia.[1] En 1566 comezou a traballar como xuíz en Brest, en 1572 pasou e ser secretario do rei Sexismundo II e posteriormente recadador de impostos, e en 1588 castelán de Brest.[2] Foi tamén senador da Confederación Polaco-Lituana.[1]

Aínda que na súa mocidade se convertera ao calvinismo,[2] en 1573/1574 volveu á Igrexa Ortodoxa.[1][2] No mesmo ano casou con Anna, dos duques de Hołowniów-Ostrożeckich,[3] coa que tivo seis fillos.

Bispo de Volodymyr e Brest

[editar | editar a fonte]

Logo da morte da súa dona en 1592, Potii decidiu ingresar na vida relixiosa e converteuse en monxe, tomando o nome relixioso de Ipatii.[2][3] En 1593 foi nomeado bispo de Volodymyr e Brest,[1][2][3] e foi consagrado bispo o 6 de xuño de 1593 polo metropolita de Kíiv Michal Rahoza.

Ipatii Potii tivo un papel especialmente importante na Unión de Brest, pola que a metrópole ortodoxa de Kíiv (a igrexa ucraína) deixou de estar baixo a xurisdición da Igrexa Ortodoxa de Constantinopla para entrar en comuñón coa Igrexa Católica e situarse baixo xurisdición papal, formando o que hoxe é a Igrexa Católica Ucraína. Viaxou a Roma xunto co bispo de Lutsk Cyril Terlecki,[1][2][3] para entregarlle ao papa Clemente VII a petición de unión asinada polos bispos da metrópole en Brest o 12 de xuño de 1595.[1] Chegaron a Roma o 25 de novembro de 1595, e obtiveron a aprobación do papa á unión, podendo manter o rito bizantino e o resto de prácticas litúrxicas.[3] Volveron a Lutsk en marzo de 1596.

Metropolita de Kíiv

[editar | editar a fonte]

Logo da morte de Rahoza, Ipatii Potii foi nomeado metropolita de Kíiv en agosto de 1599[1][3] polo rei Sexismundo III, e confirmado polo papa Clemente VIII o 15 de novembro de 1600. Foi tamén nomeado arquimandrita do mosteiro das Covas de Kíiv, mais a oposición ortodoxa levouno a renunciar en 1605.[3] En 1601 fundou un seminario, e o 3 de marzo de 1605 foi formalmente recoñecido como o único metropolita de rito bizantino da Confederación Polaco-Lituana.

O 11 de xullo de 1609 algúns ortodoxos atentaron contra a súa vida, mais sen éxito.[2] Traballou tamén para reestruturar a Orde de San Basilio Magno. Finou o 18 de xullo de 1613 en Volodymyr-Volynskyi,[2] e enterrado na catedral da mesma cidade.

  1. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Kubiiovych, Volodymyr; Huzar-Struk, Danylo, eds. (1993). Encyclopedia of Ukraine (en inglés) 4. University of Toronto Press. p. 171. ISBN 9780802030092.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Dzięgielewski, Jan, ed. (1995). Encyklopedia historii Polski: dzieje polityczne 2. Morex. p. 143. ISBN 9788390412122.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 Chodera, Janina; Kiryk, Feliks, eds. (2005). Słownik biograficzny historii Polski: L-Ż. Słownik biograficzny historii Polski 2 (Zakład Narodowy im. Ossolińskich). p. 1187. ISBN 9788304048577.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
(Unión de Brest)
 Bispo de Volodymyr e Brest 
1596 - 1613
Sucesor:
Yoakym Morokhovskyi
Predecesor:
Michal Rahoza
 Metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus 
1599 - 1613
Sucesor:
Yosyf Rutskyi