Arquieparquía católica ucraína de Ivano-Frankivsk
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| Estado | Ucraína | |||
| Óblasts | Oblast de Ivano-Frankivsk (pt) | |||
| Concello | Ivano-Frankivsk municipality (en) | |||
| Cidade | Ivano-Frankivsk | |||
| Poboación | ||||
| Poboación | 757.130 (2019) | |||
| Lingua usada | lingua ucraína | |||
| Relixión | catolicismo | |||
| Xeografía | ||||
| Parte de | ||||
| Superficie | 6.700 km² | |||
| Comparte fronteira con | ||||
| Creación | 1885 | |||
| Catedral | Cathedral of the Resurrection of Christ, Ivano-Frankivsk (en) | |||
| Sitio web | if-eparchia.org | |||
A arquieparquía de Ivano-Frankivsk é unha sé metropolitana da Igrexa católica bizantina ucraína. En 2016 tiña 574.853 bautizados sobre unha poboación total de 765.121 habitantes.
Territorio
[editar | editar a fonte]A arquieparquía abrangue oito distritos na parte setentrional da rexión de Ivano-Frankivsk, en Ucraína. A sé arquiepiscopal é a cidade de Ivano-Frankivsk (Stanislaviv até 1962), onde está a catedral da Resurrección. O territorio está dividido en 391 parroquias.
Historia
[editar | editar a fonte]A eparquía de Stanislaviv foi erixida o 26 de marzo de 1885 en territorios da arquieparquía de Lviv. O seminario diocesano, dedicado a san Xosafat foi creado o 13 de setembro de 1893.
O 5 de xuño de 1930 cedeu parte do seu territorio para o estabelecemento da eparquía de Maramureș. O 20 de abril de 1993 cedeu parte do seu territorio para o estabelecemento da eparquía de Kolomyia-Chernivtsi.
O 27 de xuño de 2001 foron beatificados os seus bispos Hryhorii Khomyshyn, Ivan Sleziuk e Symeon Lukach.
O 21 de novembro de 2011 a eparquía foi elevada ao rango de arquieparquía metropolitana.
Episcopoloxio
[editar | editar a fonte]- Bispos de Stanislaviv
- Yulian Pelesh (27 de marzo de 1885 - 22 de setembro de 1891, nomeado bispo de Przemyśl, Sambor e Sanok)
- Yulian Sas-Kuilovskyi (22 de setembro de 1891 - 19 de xuño de 1899, nomeado arcebispo de Lviv)
- Andrei Sheptytskyi (19 de xuño de 1899 - 12 de decembro de 1900, nomeado arcebispo de Lviv)
- Sé vacante, administrador apostólico Vasyl Fatsievych (12 de decembro de 1900 - 6 de maio de 1904).
- Hryhorii Khomyshyn (6 de maio de 1904 - 17 de xaneiro de 1947, finado)
- Ivan Sleziuk (17 de xaneiro de 1947 - 2 de decembro de 1973, finado)
- Sé vacante, administrador apostólico Sofron Dmyterko (2 de decembro de 1973 - 16 de xaneiro de 1991).
- Bispos de Ivano-Frankivsk
- Sofron Dmyterko (16 de xaneiro de 1991 - 7 de novembro de 1997, retirado)
- Sofron Mudryi (7 de novembro de 1997 - 2 de xuño de 2005, retirado)
- Arcebispos de Ivano-Frankivsk
- Volodymyr Viityshyn (dende o 2 de xuño de 2005)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial (en ucraíno).
- Perfil en GCatholic.org (en inglés).