Ivan Khoma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Іван Хома
(Ivan Khoma)
Bispo da Igrexa Católica Bizantina Ucraína
Biografía
Nacemento27 de novembro de 1923 en Khyriv
Pasamento3 de febreiro de 2006 en Roma
Ordes
Ordenación sacerdotal29 de xuño de 1949, por Ivan Buchko
Consagración episcopal2 de abril de 1977, por Yosyf Slipyi
Bispo de Przemyśl, Sambor e Sanok
Reitor da Universidade Católica Ucraína
1977 - 1991
PredecesorYosafat Kotsylovskyi
SucesorJan Martyniak
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Ivan Khoma[1] (en ucraíno: Іван Хома), nado en Khyriv (rexión de Lviv, Ucraína) o 27 de novembro de 1923[2][3] e finado en Roma o 3 de febreiro de 2006, foi un eclesiástico católico ucraíno, bispo de Przemyśl, Sambor e Sanok entre 1977 e 1991, e reitor da Universidade Católica Ucraína entre 1985 e 2001.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Durante a guerra marchou a Italia, estudando a partir de 1946 no Pontificio Colexio de San Xosafat, e posteriormente doutorouse en Teoloxía pola Pontificia Universidade Urbaniana.[3]

O 29 de xuño de 1949 foi ordenado sacerdote da eparquía de Przemyśl[2] por Ivan Buchko, de quen pasou a ser secretario.[3]

Foi tamén secretario de Yosyf Slipyi,[3] e o 2 de abril de 1977,[2] en Roma, foi ordenado bispo de Przemyśl, Sambor e Sanok, polo arcebispo maior de Lviv Yosyf Slipyi; a consagración fíxose sen aprobación papal, e aínda que Slipyi non a precisaba, causou malestar na Curia.

Renunciou á sé o 16 de xuño de 1991, e o 22 de febreiro de 1996 foi nomeado bispo titular de Patara por Xoán Paulo II e Procurador en Roma do Arcebispo Maior de Lviv.[2] Entre 1965 e 1999 ensinou Historia da Igrexa na Universidade Católica Ucraína, da que foi reitor entre 1985 e 2001.

Finou en Roma, o 3 de febreiro de 2006.[4]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Нарис історії Вселенської Церкви. 1990. 
  • Josyf Slipyj. La Casa di Matriona. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tamén citado como Ivan Choma e Iwan Choma.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Secretaría de Estado (2000). Libreria Editrice Vaticana, ed. Annuario Pontificio (en italiano). Cidade do Vaticano. p. 1011. ISBN 978-88-209-6200-5. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Книга пам'яті. 1944-2004: До 60-річчя польсько-українських кривавих подій на Закерзонні (en ucraíno). Сполом. 2004. p. 116. ISBN 9666652315. 
  4. Congregación para as Igrexas Orientais, ed. (2006). "Servizio Informazioni Chiese Orientali". Cidade do Vaticano: 211. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Yosafat Kotsylovskyi
(bispo, 1917 - 1947)
Vasyl Hrynyk
(vigairo xeral, 1947 - 1977)
 Bispo de Przemyśl, Sambor e Sanok 
1977 - 1991
Sucesor:
Jan Martyniak