Jan Martyniak
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Jan Martyniak | |
---|---|
Arcebispo da Igrexa Católica Bizantina Ucraína | |
Biografía | |
Nacemento | 20 de xuño de 1939 en Spas |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 29 de xuño de 1964, por Bolesław Kominek |
Consagración episcopal | 16 de setembro de 1989, por Myroslav Ivan Liubachivskyi |
Metropolita de Przemyśl-Varsovia | |
1996 - 2015 | |
Predecesor | Ivan Khoma (como bispo de Przemyśl, Sambor e Sanok) |
Sucesor | Eugeniusz Popowicz |
Outros | |
![]() Escudo de Jan Martyniak | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
Jan Martyniak, nado en Spas (rexión de Lviv, Ucraína) o 20 de xuño de 1939,[1] é un eclesiástico grecocatólico polaco, arcebispo de Przemyśl-Varsovia entre 1996 e 2015.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O 29 de xuño de 1964 foi ordenado sacerdote por Bolesław Kominek, logo de graduarse no Seminario Teolóxico de Varsovia.[1]
En 1981 Józef Glemp creou dúas vigairías para a atención pastoral dos grecocatólicos en Polonia, xa que as autoridades non permitían que tiveran circunscricións diocesanas propias. O relixioso basiliano Yosafat Romanyk foi nomeado vigairo do norte, e Jan Martyniak foi nomeado vigairo do sur do país.[1][2]
O 20 de xullo de 1989 foi nomeado bispo auxiliar de Przemyśl, Sambor e Sanok, e bispo titular de Vardimissa.[1][2] Recibiu a consagración episcopal o 16 de setembro do mesmo ano, de mans do arcebispo maior de Lviv Myroslav Ivan Liubachivskyi.
O 16 de xaneiro de 1991 foi nomeado bispo de Przemyśl,[1][2] dándose unha situación estremadamente rara ao ser aínda titular da sé Ivan Khoma, quen no exilio fora consagrado bispo de Przemyśl, Sambor e Sanok por Yosyf Slipyi en 1977, e quen residía en Roma. A situación solucionouse coa renuncia de Khoma o 16 de xuño do mesmo ano.
O 24 de maio de 1996, coa elevación e reorganización da sé, foi nomeado arcebispo metropolita de Przemyśl-Varsovia. Retirouse do cargo o 7 de novembro de 2015.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Kubiiovych, Volodymyr; Huzar-Struk, Danylo, eds. (1993). Encyclopedia of Ukraine (en inglés) 3. University of Toronto Press. p. 325. ISBN 9780802033628.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Stępień, Stanisław (2008). "Historical and Contemporary Overviews: Poland". En Mahieu, Stéphanie; Naumescu, Vlad. Churches In-between: Greek-Catholic Churches in Postsocialist Europe (en inglés). LIT Verlag Münster. pp. 88-90. ISBN 9783825899103.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Ivan Khoma |
Bispo de Przemyśl 1991 - 1996 |
Sucesor: (elevación da sé) |
Predecesor: (elevación da sé) |
Metropolita de Przemyśl-Varsovia 1996 - 2015 |
Sucesor: Eugeniusz Popowicz |